Landulfo VI de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLandulfo VI de Benevento
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor em Wikidata
Morte7 de novembro de 1077 Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrince of Benevento (en) Traducir (1059–1077) Editar o valor em Wikidata
FillosPandulfo IV de Benevento Editar o valor em Wikidata
PaiPandulfo III de Benevento Editar o valor em Wikidata

Landulfo VI (morreu o 27 de novembro de 1077) foi o derradeiro príncipe de Benevento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A diferenza dos seus predecesores, nunca tivo a oportunidade de gobernar só e independente. O principado perdeu a súa independencia en 1051, momento no que Landulfo só estaba a cogobernar co seu pai, Pandulfo III.

Landulfo era o fillo máis vello de Pandulfo e foi nomeado copríncipe por primeira vez en agosto ou setembro de 1038. En 1041, probabelmente foi o seu irmán Atenulfo quen encabezou a rebelión porque non o fixeran tamén a el copríncipe. A rebelión fracasou e Atenulfo refuxiouse onda os normandos, onde foi elixido xefe en calidade de princeps.

En 1047, o emperador Henrique III veu para reafirmar a súa autoridade no Mezzogiorno. A emperatriz Agnes visitou Monte Gargano como peregrina e volveu vía Benevento, onde lle permitiron a entrada, non así ao seu home. O imperator rexeitado puxo inmediatamente cerco á cidade e o papa Clemente II excomungou a Landulfo e Pandulfo e aos cidadáns. Co tempo levantouse o cerco, con todo, a falta de respecto amosada á familia imperial e á igrexa xunto co declive do principado fixo que o irmán de Pandulfo, Daufer, fuxise da cidade e buscase refuxio onda Guaimaro IV de Salerno, quen os aloxou no mosteiro de La Cava. Landulfo viaxou en persoa a Salerno para reunirse con Guaimaro e negociar ao regreso de Daufer. Este volveu coa promesa de que habían respectar a súa elección dunha vocación monástica.

Os asuntos beneventanos chegaron a un punto delicado en 1050, cando o papa León IX foi como peregrino a Monte Gargano e confirmou a excomuñón dos príncipes. Os cidadáns déronlles as costas e botáronnos cum sculdays suis, "cos seus sculdais". Os cidadáns entregáronlle a vila ao Papa en abril de 1051, en abril de 1051 o cardeal Humbert de Silva Candida e Domenic, Patriarca de Grado, entraron en Benevento para recibir a cidade no nome do Papa e o 5 de xullo entrou na súa nova cidade en nome propio e no do emperador.

Despois da batalla de Civitate, na que meteron o papa preso en Benevento, a cidade invitou a Pandulfo e Landulfo a que volvese (nalgún momento entre xuño de 1053 e marzo de 1054). Volveron e gobernaron como vasalos do Papa. En 1056, asociou ao trono ao seu fillo Pandulfo IV. En 1059, o vello Pandulfo abdicou e retirouse ao mosteiro de S. Sofia, a fundación familiar e mausoleo da casa reinante en Benevento, deixando como príncipes en solitario a Landulfo e Pandulfo IV.

Landulfo case non aparece nas fontes desde aquela. En 1065, foi advertido polo papa Alexandre II "que a conversión dos xudeus non había que obtela pola forza."[1] Estivo presente o 1 de outubro de 1071 na consagración da abadía de Monte Cassino. En agosto de 1073, xurou fidelidade ao papa Gregorio VII, o seu señor, e prometeu respectar os dereitos dos cidadáns de Benevento. Gregorio mesmo empezou a residir de cando en vez no palacio de Landulfo en Benevento, ao cal Amatus chama lo plus grand palaiz ("o meirande palacio"). Landulfo deixa de aparecer nas crónicas e, morto o seu fillo en batalla en 1074, morreu como príncipe único por baixo do Papa o 27 de novembro de 1077. Coa súa morte o antigo principado de Benevento chegou ao seu fin.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Simonsohn, pp 35–37.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Caravale, Mario (ed) (2004). Dizionario Biografico degli Italiani: LXIII Labroca – Laterza. Roma.