Aloito Nuniz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aloito Nuniz
Conde de Portucale

Reinado10081015
Falecemento1015
Castelo de Vermoim
SucesorNuno I Aloitiz
Cónxuxe/sGontina
DescendenciaNuno I Aloitiz, Segeredo Aloitiz, Pedro Aloitiz e Loba Aloitiz

Aloito Nuniz (orixinalmente Aloytus Nuniz ou Alvitus Nuniz[Notas 1], en portugués: Alvito Nunes, en castelán: Aloíto Núñez; falecido en 1015 en Vermoim, foi un conde que gobernou o condado portucalense no século XI xunto con Tutadona Moniz, a viúva do conde Menendo II Gundisalviz falecido en 1008.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Probablemente era descendente de Vímara Pérez como neto de Aloito Lucídez e fillo de Nuno Aloitiz documentado en 959 (non confundir co seu fillo Nuno I Aloitiz).[2] Aparece por primeira vez na documentación medieval no ano 985 cando confirma unha doazón do seu tío Tello Aloitiz.

En 1008, cando faleceu o conde Menendo II, Tutadona casou con Aloito, que xa era viúvo e tiña catro fillos. Isto seguramente foi para asegurar a lexitimidade e a continuación da dinastía de Vímara.

Durante as incursións dos viquingos, refuxiouse no castelo de Vermoim, en Vila Nova de Famalicão, onde posiblemente fose asasinado por eles:

Era MLIV. VIII ides Septembris (ano 1015, 6 de setembro) veniunt Lormanes ad castellum Vermudii, quod est in prouincia Bracharensi. Comes tunc ibi erat Aluitus nuniz.[Notas 2]

O seu fillo Nuno I Aloitiz sucedeuno como gobernador do condado.[1]

Familia[editar | editar a fonte]

Casou con Gontina ou Gudina[3][Notas 3][4] coa que tivo polo menos catro fillos:

Aloito Nuniz
Nacemento:  ? Falecemento: 1016


Aristocracia galega
Precedido por
Menendo II Gundisalviz


Conde de Portucale
1008 - 1015
Sucedido  por
Nuno Aloitiz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. No Chronicon Lusitanum aparece como Alvitus Nuniz e tamén como Aloytus Nunniz na documentación do Mosteiro de Celanova.
  2. Na Chronica Gothorum aparece que na Era MLIV. VIII ides Septembris (ano 1015, 6 de setembro) veniunt Lormanes ad castellum Vermudii, quod est in prouincia Bracharensi. Comes tunc ibi erat Aluitus nuniz. José Mattoso menciona ao historiador Rui de Azevedo que tras comparar algúns documentos do mosteiro de Moreira, conclúe que a incursión viquinga tivo lugar no ano 1015.
  3. En 985, Segiredus presbiter, vendeu a súa herdanza en Villa Laginosa a Alloyttus e á súa muller Gudina.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mattoso, José (1970). "A nobreza portucalense dos séculos IX a XI" (PDF). Do tempo e da história, Universidade de Lisboa. OCLC 565153778. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012. 
  2. Mattoso, José (1981). "As famílias condais portucalenses dos séculos X e XI". Editorial Estampa. OCLC 8242615. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Torres Sevilla-Quiñones de León, Margarita Cecilia (1998). "Relaciones fronterizas entre Portugal y León en tiempos de Alfonso VII: el ejemplo de la Casa de Traba" (PDF). Revista da Faculdade de Letras: História. ISSN 0871-164X. 
  4. Herculano, Alexandre (1868). "Portugaliae Monumenta Historica: Diplomata et chartae". Academia de Ciencias de Lisboa. OCLC 504624362. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]