Monumento a Colón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°22′33″N 2°10′40″L / 41.37580278, 2.17776111

Monumento a Colón.

O Monumento a Colón (en catalán: Monument a Colom) é un conxunto escultórico que se atopa na Praza do Portal da Paz de Barcelona, no distrito de Ciutat Vella. Construído en homenaxe ó descubridor Cristovo Colón, está erixido no punto de unión entre las Ramblas e o Paseo de Colón, fronte ó porto vello de Barcelona. O autor do proxecto foi o arquitecto Gaietà Buïgas i Monravà, e na decoración escultórica interviñeron varios artistas, como Eduard B. Alentorn, Rafael Atché, Pere Carbonell, Manuel Fuxà, Josep Llimona, Rossend Nobas, Antoni Vilanova, Francesc Pagès e Agapit Vallmitjana. A fundición foi de Alejandro Wohlguemuth.[1]

O monumento foi construído no contexto das obras de mellora do litoral de Barcelona efectuadas por mor da Exposición Universal de Barcelona de 1888. Inaugurado o 1 de xuño de 1888, en plena exposición, converteuse axiña nunha das iconas máis características da cidade. No interior da columna hai un ascensor que permite subir até a semiesfera baixo os pés da estatua, dende onde se olla a cidade.

Esta obra está inscrita como Ben Cultural de Interese Local (BCIL) no Inventario do Patrimonio Cultural catalán co código 08019/859.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jaume Fabre, Josep M. Huertas e Judit Subirachs i Burgaya. "Monumento a Cristóbal Colón". Consultado o 16 de abril de 2014. 
  2. "Monument a Cristòfor Colom". Consultado o 16 de abril de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]