Blas García Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBlas García Piñeiro
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Cespón, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ames
abril de 2021 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

José Blas García Piñeiro, nado en Cespón (Boiro) en 1969, é un político galego do PSdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Militante das XSG en Boiro, foi concelleiro nesta localidade de marzo a xuño de 1999. Traballador en excedencia da CENG do PSdeG-PSOE. Foi secretario xeral da Agrupación Socialista de Boiro de 2000 a 2004, así como secretario comarcal do partido no Barbanza dende 2004 ata 2008. Responsable de organización de Actos Públicos, Márketing e Acción Electoral. Foi elixido concelleiro en Ames dende 2014, a pesar de non concorrer na lista, tras a renuncia de todos os membros da candidatura. Nas eleccións municipais de 2015 foi reelixido concelleiro como número tres da candidatura socialista, asumindo responsabilidades de goberno. Nas eleccións municipais de 2019 presentouse de novo como número tres da candidatura do PSdeG-PSOE, sendo elixido de novo concelleiro de Ames e nomeado segundo tenente-alcalde. Neste mandato foi elixido deputado provincial, encargándose da área de Promoción Económica.[1] Coa renuncia de José Miñones para ser nomeado Delegado do Goberno en Galicia, foi nomeado alcalde de Ames o 8 de abril de 2021.[2][3] En marzo de 2022, asumiu a Secretaría Xeral do PSdeG de Ames[4]. Foi candidato á alcaldía nas municipais de 2023 e foi reelixido alcalde como cabeza da lista máis votada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tres diputados del área de Santiago forman parte del gobierno provincial
  2. Araújo, Emma (9 de abril de 2021). "Blas García toma posesión como alcalde de Ames anunciando continuidad, diálogo y trabajo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de maio de 2023. 
  3. "Ames". fegamp.gal. 10 de xaneiro de 2023. Consultado o 29 de maio de 2023. 
  4. El PSOE de Teo, Ames y Padrón renuevan cargos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Miñones Conde
 
Alcalde de Ames
 
2021 - actualidade
Sucesor:
no cargo