Roddy McDowall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoddy McDowall

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Roderick Andrew Anthony Jude McDowall Editar o valor em Wikidata
17 de setembro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte3 de outubro de 1998 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Studio City (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Joseph's College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de dobraxe , actor de cinema , actor de televisión , actor , fotógrafo , actor de teatro , actor de xénero , guionista , director de cinema , produtor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1938 Editar o valor em Wikidata - 1998 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoComedia shakespeariana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001522 Allocine: 2343 Rottentomatoes: celebrity/roddy_mcdowell Allmovie: p47310 TCM: 127070 IBDB: 68284
Musicbrainz: b7e026d6-87e5-47cb-b3c0-c226025601bc Discogs: 1343054 WikiTree: McDowall-338 Find a Grave: 6564333 Editar o valor em Wikidata

Roderick Andrew Anthony Jude McDowall, nado en Londres o 17 de setembro de 1928 e finado nos Ánxeles o 3 de outubro de 1998, foi un actor británico nacionalizado estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

McDowall naceu en Herne Hill, Londres. Os seus pais, moi afeccionados ao teatro, eran Thomas Andrew McDowall, un mariño mercante de ascendencia escocesa, e Winsfriede L. Corcoran,[1][2] unha aspirante a actriz de orixe irlandesa. Tivo unha irmá, Virginia (1927-2006).

Fixo o seu primeiro papel importante no cinema aos doce anos, aínda que antes actuara en varias películas británicas, despois de trasladarse xunto coa súa familia aos Estados Unidos a causa do Blitz durante a segunda guerra mundial. Nacionalizouse estadounidense o 9 de decembro de 1949,[3] e viviu nese país o resto da súa vida. Interpretou a Huw en Que verde era o meu val (1941) un papel que o fixo famoso.[3] Despois actuou noutros filmes, como My friend Flicka (1943), A cadea invisible (1943), primeira das ocasións en que traballou coa súa amiga Elizabeth Taylor, The Keys of the Kingdom (1944) e The White Cliffs of Dover (1944).

Carreira de adulto[editar | editar a fonte]

McDowall foi un dos nenos actores que continuou a súa carreira con éxito de adulto, aínda que habitualmente en papeis secundarios, destacando algúns papeis baixo a maquillaxe como o simio científico Cornelius e varios chimpancés que interpretou en catro dos cinco filmes da saga de O planeta dos simios (1968-1973) e na serie televisiva do mesmo tema que apareceu en 1974. Outras actuacións destacadas foron a de Cleopatra (1963), en que interpetou a Octavio, o posterior emperador César Augusto; It! (1967), en que interpretou unha personaxe que evocaba nalgúns aspectos a Norman Bates, personaxe de Psicose; A aventura do Poseidón (1972), en que era Acres, un camareiro do comedor. Tamén actuou no teatro[4] e foi unha estrela convidada con frecuencia en programas de televisión, traballando en series como The Twilight Zone, Tales of the Gold Monkey, Combat!, Night Gallery, The Invaders, The Carol Burnett Show,[5] Fantasy Island, Quantum Leap ou Hollywood Squares.

Foi o malvado "The Bookworm" (episodios 29/30), na serie dos anos sesenta Batman, e tivo un papel moi aplaudido como The Mad Hatter en Batman: The Animated Series. Ademais deu o seu enxeñoso ton dramático á adaptación sonora de Batman (1989). Tamén foi o científico rebelde Dr. Jonathan Willoway na serie de ficción científica dos anos setenta The Fantastic Journey, baseada no mito do Triángulo das Bermudas. O seu último papel na animación, foi para o episodio de Godzilla "Dreadloch". En A Bug's Life (1998), unha das súas últimas contribucións ao cinema, deu voz á formiga Mr. Soil.

Na década de 1990, McDowall dedicouse á conservación de filmes e participou na restauración de Cleopatra (1963), que fora cortada por Darryl F. Zanuck, directivo da 20th Century Fox, por mor dos elevados custos de produción. McDowall serviu durante varios anos en diferentes postos do Board of Governors da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de Hollywood. Foi presidente da División de Actores durante cinco mandatos e foi elixido presidente da Fundación da Academia o ano do seu falecemento. Unha das súas últimas aparicións públicas tivo lugar cando acompañou a actriz Luise Rainer, de 88 anos, á 70.ª cerimonia de entrega dos Óscar.

McDowall tamén foi coñecido como fotógrafo, e publicou cinco libros de fotografías, un deles con amigos célebres como Elizabeth Taylor, Judy Garland, Judy Holliday e Maureen O'Hara.[6][7]

Faleceu o 3 de outubro de 1998, en Studio City (California) por mor dun cancro de páncreas, aos 70 anos.[8] O seu corpo foi incinerado e as súas cinzas foron esparexidas no océano Pacífico o 7 de outubro de 1998.[9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1974, o FBI asaltou a casa de McDowall e incautou a colección de filmes e series televisivas do actor no curso dunha investigación sobre pirataría e violación dos dereitos de autor. A súa colección constaba de cento sesenta copias de 16 mm e máis de mil fitas de vídeo, nunha época en que non existía un comercio legal de filmes fóra do circuíto das salas (copiar ou vender copias obtidas dos estudios sen posuír o copyright era ilegal). Finalmente non se presentaron cargos contra McDowall.[10]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vallance, Tom (5 de outubro de 1998). "Obituary: Roddy McDowall". The Independent (Londres). 
  2. "From the Archives: Roddy McDowall, Actor for 6 Decades, Dies at 70". 4 de outubro de 1998. 
  3. 3,0 3,1 "McDowall, Roddy". Howard Gotlieb Archival Research Center. Universidade de Boston. Arquivado dende o orixinal o 9 de setembro de 2014. 
  4. "Roddy McDowall as guest". The Christian Science Monitor. 11 de xullo de 1946. 
  5. The Carol Burnett Show with Roddy McDowall, 14 de marzo de 2017
  6. McDowall, Roddy. Double Exposure; William Morrow & Co; 2 edition: 1 de novembro de 1990; ISBN 978-0688100629
  7. Brady, J. (Dec 13, 1992). "Roddy McDowall". The Washington Post. 
  8. Gussow, Mel (4 de outubro de 1998). "Roddy McDowall, 70, Dies; Child Star and Versatile Actor". The New York Times. Consultado o 2 de novembro de 2016. 
  9. Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed.: 2 (Kindle Locations 31331-31332). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition.
  10. "When Roddy McDowall Was Busted by the FBI for Pirating Films". 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.  McDowall ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood, no 6632 de Hollywood Blvd., como homenaxe á súa faceta como actor televisivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Best, Marc. Those Endearing Young Charms: Child Performers of the Screen (South Brunswick e Nova York: Barnes & Co., 1971), pp. 176–181.
  • Dye, David. Child and Youth Actors: Filmography of Their Entire Careers, 1914–1985. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Co., 1988, pp. 140–144.
  • Holmstrom, John. The Moving Picture Boy: An International Encyclopaedia from 1895 to 1995, Norwich, Michael Russell, 1996, pp. 158–159.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]