Batalla de Nedao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 44°56′00″N 19°01′00″L / 44.93333, -19.01667

Batalla de Nedao
Data: 454
Lugar: Panonia
Conflito: Guerra civil entre os Hunos
Desenlace: Vitoria xermánica
Combatentes
Xépidos

Ostrogodos

Hunos

Alanos

A Batalla de Nedao, foi un enfrontamento militar entre os hunos e varios pobos xermánicos, especialmente xépidos e ostrogodos, que tivo lugar en Panonia no 454.[1] O Nedao é un río afluente do Save.[1]

Contexto[editar | editar a fonte]

Aínda que durante a década do 440, o imperio huno avanzou cara Europa Occidental, os reveses na Galia no 451 e na península italiana non 452, provocou o seu retroceso. A situación agravouse ao morrer Atila o ano seguinte. Seus fillos, Elac, Ernac e Dengitzic, enleáronse para se converteren en herdeiros do imperio e as liortas facilitaron que varios pobos xermánicos que combatían con eles como vasalos, levaran a cabo unha revolta para se independizaren. Ardarico, o rei dos xépidos que foi un dos xenerais máis fieis de Atila, e conselleiro del, liderou a revolta[2] á que, tamén, se uniron os ostrogodos cos seus reis Teodomiro, Valamiro e Videmiro.

Batalla[editar | editar a fonte]

O exército dos hunos foi derrotado e, durante a batalla ou inmediatamente despois, morreu Elac.[3] Deste xeito, xépidos e ostrogodos obtiveron a independencia respecto do imperio dos hunos, que xa empezara a desintegrarse.[1] Os poucos hunos que sobreviviron foron rexeitados por Ardarico e fuxiron carra ao Mar Negro.[4]

Hipóteses actuais[editar | editar a fonte]

Xordanes afirmou que na batalla de Nedao os ostrogodos loitaran contra os hunos, mais esta tese é rexeitada por historiadores actuais como Herwig Wolfram[5] e Hyun Jin Kim. Este último cre que esta é unha historia inventada e que o propio rei ostrogodo loitou aliado aos hunos.[6] Por outra branda, J.R. Martindale e Franz Altheim aceptan que os ostrogodos estaban entre os vencedores de Nedao, mentres que moitos outros, entre eles Otto J. Maenchen-Helfen, opinan que non tiveran ningunha participación.[7]

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Como consecuencia da batalla, o dominio dos hunos sobre Europa central e oriental foi decaendo. Resulta difícil reconstruí-lo curso exacto dos acontementos mais, parece ser que, contra a década do 460 o imperio huno foise disolvendo e os xépidos, ruxios, hérulos, suevos e ostrogodos se independizaron para se converteren en federados do Imperio romano. Os hunos, reorganizados por Dengizic, mudáronse ao leste onde atacaron o Imperio romano oriental e foron, finalmente derrotados no 469. A partir desa data, os hunos desapareceron da historia europea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Wolfram 1990, p. 258.
  2. Hodking 1894, p. 29.
  3. Gordon 1966, p. 111.
  4. Fields 2006, p. 16.
  5. Wolfram 1990, p. 259.
  6. Kim 2013, p. 113.
  7. Wolfram 1990, p. 448 (na nota 87, reflicte toda a discusión académica sobre o tema).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]