Asambleas Lusitano-Gallegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Detalle da portada do libro editado en 1967 pola RAG.

As Asembleas Lusitano-Galegas (ou orixinalmente Asambleas Lusitano-Gallegas) foron celebradas a mediados do século XX por iniciativa da Real Academia Galega para que os portugueses e os galegos puidesen expoñer os seus puntos de vista canto a temas culturais comúns como cuestións étnicas, folclore, historia ou relacións literarias galego-portuguesas. Celebráronse dúas asembleas, a primeira delas tivo lugar na cidade portuguesa de Braga os días 29 e 30 de outubro de 1955 e a segunda, do 14 ao 16 de agosto de 1961 na cidade galega da Coruña.

Orixe e obxectivos[editar | editar a fonte]

Debido ás boas relacións que sempre mantiveron Galicia e Portugal ao longo da historia, por razóns xeográficas e idiomáticas (chegaron a compartir a mesma lingua na Idade Media) a RAG decidiu levar a cabo estes encontros alentada polo clima de irmandade ibérica promovido polas ditaduras de Francisco Franco e António de Oliveira Salazar. Os primeiros contactos entre a institución galega e importantes personalidades lusas producíronse antes da Guerra civil española, mais só darán os seus froitos a mediados do século XX con actividades como a “Primeira Asemblea Lusitano-Galega”. Anteriormente existiron algún precedentes como o I Congreso de Estudos Galegos ou o boletín extraordinario que a academia dedica a Portugal en 1943, con ocasión do oitavo centenario da "fundación e restauración da gloriosa nacionalidade lusitana", mais non se consumou ata o ano 1955 coa primeira asemblea.

O principal obxectivo desta asemblea era a reivindicación do antigo ideario do galeguismo cifrado na identidade espiritual de Galicia e Portugal sustentada na saudade proposta por Teixeira de Pascoaes; na historia e na literatura compartidas e na igualdade de etnografía, idioma, paisaxe e lingua. Esta actividade terá continuidade nos mesmos parámetros na Segunda Asemblea Lusitano-Galega.

Primeira asemblea lusitano-galega[editar | editar a fonte]

A primeira reunión rexistrouse na cidade de Braga, outrora sede metropolitana de Galiza, debido ao desexo de que o primeiro encontro se levase a cabo no país lusófono. Nela encontráronse un gran número de destacadas figuras das letras, das ciencias e das artes de Portugal e de Galiza. Os membros da Real Academia foron recibidos nos Paços do Concelho de Braga con moito orgullo e emoción polos seus homólogos portugueses cos cales compartirían mesa nestes importantes encontros galego-portugueses.

Unha vez creada a mesa, o presidente da cámara, o señor Santos Da Cunha, pronunciou un discurso de benvida moi hospitalario mostrando a súa gratitude a todos os presentes e deixando patente a forte afinidade existente entre os pobos galegos e a cidade de Braga. Finalmente, rematou a súa exposición destacando a cidade de Santiago de Compostela. En reposta a este discurso o doutor Portela Pazos interveu para agradecer as distinguidas palabras do presidente Da Cunha. Nesta mesma sesión, o propio Portela Pazos destacou os motivos que impulsaran a celebración da asemblea mencionados anteriormente. Por último, o presidente da Academia, deixou un texto, debido a imposibilidade da súa comparecencia, para que fose lido por un secretario. Posteriormente, os asembleístas fixeron unha visita á Biblioteca Pública e ao Arquivo Distrital, ao arcebispo Primado, ao mosteiro de San Frutuoso e á catedral de Braga. A continuación os intelectuais galegos foron recibidos no Palacio dos Falçoes e inauguraron un monumento conmemorativo pola visita dos intelectuais galegos.

Na última sesión, os compoñentes da xuntanza realizaron unha visita á vila de Guimarães na zona setentrional de Portugal.

Integrantes[editar | editar a fonte]

Presidentes da mesa e acompañantes[editar | editar a fonte]

  • Antonio María Santos Da Cunha, presidente da Cámara Municipal de Braga
  • Jose María Saro y Posada, cónsul de España no Porto
  • Francisco Acevedo Soares, presidente do Círculo Xudicial de Braga
  • Coronel Alcobia Veloso, comandante militar de Braga
  • Salustiano Portela Pazos, presidente substituto da RAG
  • Leandro Carré Alvarellos, administrador da Academia

Galegos[editar | editar a fonte]

Portugueses[editar | editar a fonte]

Segunda Asemblea Lusitano-Galega[editar | editar a fonte]

Ambas partes coincidiron en que a primeira asemblea debía ter unha correspondencia en Galiza. Deste xeito, a Real Academia decidiu realizar un segundo congreso na cidade herculina; polo tanto, fixouse unha reunión previa en Porto para organizar o evento. Desta maneira, a asemblea quedou fixada para o 14, 15 e 16 de agosto de 1961. Os temas a tratar foron os mesmos que na súa edición previa; as reunións de traballo leváronse a cabo en 4 días noutros 4 centros de cultura diferentes; e as comunicacións presentada foron en total 19.

Os asembleístas lusos foron recibidos o primeiro día do congreso nun salón capitular do Concello da Coruña. Do mesmo xeito que fixeron os portugueses 6 anos atrás, o señor Peña María de Llano deu unha cordial benvida a todos os congresistas, especialmente aos do país veciño. Como resposta, o doutor Velozo, agradeceu as afectuosas palabras que lles foron dedicadas, algo parecido ao que expresou inmediatamente despois o doutor Silva Pinto.

Por outra banda, posteriormente a este acto, os membros visitaron o Arquivo Xeral de Galicia.

Integrantes[editar | editar a fonte]

Galegos[editar | editar a fonte]

Portugueses[editar | editar a fonte]

  • Francisco José Velozo
  • Américo Lopes de Oliveira
  • Sérgio da Silva Pinto
  • Arturo Garibaldi
  • Manuel Oliveira Guerra

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Denomínanse comunicacións a aqueles traballos que foron expostos en ambas as asembleas polos asistentes a cada unha delas. Entre os temas abordados están o amor e a fraternidade entre portugueses e galegos, como puxo de relevo Salustiano Portela Pazos en "Xenerosidade lusitana agradecida", onde se describe a axuda prestada por Portugal a Galiza nunha das súas peores épocas; por outra banda, a necesidade de creación dunha litertura, historia e cultura comúns (por exemplo, como fixo Hugo Rocha no seu traballo "La Gaita Gallega, expresión cultural sobre o instrumento").

Alén disto, reivindicouse tamén a recuperación de figuras claves como Almeida e Garret nas relacións entre ambos pobos ("Romanceiro Galaico-Portugués" de Fernando de Castro Pires de Lima) e a importancia das influencias políticas entre os dous países, como expuxo Arturo Garibaldi na súa comunicación "Afinidades políticas de Portugal e influencia galega na literatura portuguesa", entre outros temas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]