Manifesto dos persas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portada do libro publicado co título de Manifesto dos persas.

Manifesto dos persas é o nome que tomou un documento asinado o 12 de abril de 1814, en Madrid, por sesenta e nove deputados das Cortes españolas, á fronte dos cales asinou o deputado por Sevilla, Bernardo Mozo de Rosales. Nel pedíase ao rei Fernando VII, que retornaba do exilio francés e se atopaba en Puçol[1] (Valencia), o retorno ao Antigo Réxime e o derrogamento da lexislación creada polas Cortes de Cádiz dende 1812.

Características[editar | editar a fonte]

O manifesto tomou o seu nome a partir dunha cita, no mesmo documento, no que se refire ao costume dos antigos persas para gozar de cinco días de anarquía despois da morte do rei. Os autores identificaban esa anarquía co período do liberalismo vixente dende a Constitución de Cádiz até ese momento. O documento equiparaba á constitución gaditana á Revolución francesa e reclamaba a restauración dos estamentos e os privilexios tradicionais do Antigo Réxime.

O documento foi empregado polo rei para elaborar o decreto do 4 de maio no que se leva a cabo o restablecemento do absolutismo.

Asinantes[editar | editar a fonte]

Lista de deputados asinantes (por orde de sinatura no manifesto)
Deputado Circunscrición Observacións
1 Bernardo Mozo y Rosales Sevilla
2 Juan José Sánchez de la Torre Burgos
3 Bernardo de Escobar León
4 Diego Henares Tiendas Córdoba D. Diego de Henares y Tienda, natural de la villa de Baena, y vicario eclesiástico de sus iglesias[2]
5 Ignacio Ramón de Roda Galicia
6 Antonio Gómez Calderón Córdoba
7 Juan Antonio Fernández de la Cotera Burgos
8 Miguel de Frías Toledo
9 Buenaventura Domínguez Galicia
10 Roque María Mosquera Galicia
11 Gerónimo Castillón Aragón
12 Manuel Márquez Carmona Córdoba
13 Joaquín Moliner Valencia
14 José Antonio Navás Cataluña
15 Gregorio Ceruelo Palencia
16 Benito Arias de Prada Galicia
17 Francisco Javier Mier Granada Bispo de Almería
18 Ramón Cubells Valencia
19 Pablo Fernández de Castro Galicia
20 Pedro Alcántara Díaz de Labanderos Palencia
21 Valentín Zorrilla de Velasco Burgos
22 Manuel Gaspar Gonzales Montaos Galicia
23 Domingo Fernández de Campomanes Asturias
24 Gerónimo Antonio Díez Salamanca
25 Blas Ostolaza Perú
26 Antonio Joaquín Pérez Puebla de los Ángeles
27 Antonio Joaquín Pérez Galicia Presbítero
28 Carlos Martínez Casaprin Asturias
29 Ángel Alonso y Pantiga Iucatán
30 Fermín Martín Blanco Galicia
31 José Cayetano de Foncerrada Valladolid de Mechoacan
32 Cayetano de Marimón Cataluña Militar
33 Gerardo José Andrés Vázquez Parga Galicia Bispo de Salamanca
34 Manuel María Aballe Galicia Rexedor perpetuo de Rui
35 Jacinto Rodríguez Rico Zamora Posteriormente, foi bispo de Cuenca
36 Gerónimo Lorenzo Toro
37 Antonio de Arce Estremadura Militar
38 Juan Manuel de Rengifo Ávila
39 Diego Martín Blanco Serrallas Sevilla
40 José Zorrilla de la Rocha Toledo Presbítero
41 Prudencio María de Verástegui Álava
42 Luis de Luján y Monroy Toledo
43 Tadeo Gárate Puno
44 Pedro García Coronel Trujillo del Perú
45 José Gavino de Ortega y Salmon Trujillo del Perú
46 Manuel Ribote Burgos
47 Mariano Rodríguez de Olmedo Cidade da Prata e provincia de Charcas
48 Andrés Mariano de Cerezo y Muñiz Burgos
49 Salvador Samartín Nova España
50 Benito Sáenz González Toledo
51 Joaquín Palacín Aragón
52 Juan Capistrano Pujadas Aragón
53 Nicolás Lamiel y Venages Aragón
54 Juan Francisco Martínez Aragón
55 Pedro Aznar Aragón
56 Bartolomé Romero y Montero Granada
57 Ramón María de Adurriaga Burgos
58 Pedro Vidal León
59 Agustín de Cáceres Segovia
60 Alexandro Izquierdo Soria En 1816, foi arcediano de Burgos
61 Pedro Díez García Estremadura
62 Bonifacio de Tossantos Burgos
63 Luis de León Segovia
64 Francisco López Lisperguer Bos Aires
65 Tadeo Segundo Gómez Aragón
66 Domingo Balmaseda Soria
67 Manuel Carasa Sevilla
68 José Miralles Valencia
69 Antonio Colomer Valencia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Queralt, María Pilar (2002). Atlas Ilustrado de la Historia de España. Madrid: Susaeta. p. 147. ISBN 9788430558339. 
  2. "Diario de Madrid, Números 182-364". p. 169. Consultado o 1 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Incausa Moros, José M.ª (2012). Institución «Fernando el Católico», ed. "Los clérigos absolutistas: Luis Joaquín Palacín y Jerónimo Castillón". Revista de Historia Jerónimo Zurita (Zaragoza) (87): 85–95. ISSN 0044-5517. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]