Tratado de Misenum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mundo romano no 39 a. C.

O Tratado ou Pacto de Misenum foi un tratado para acabar co bloqueo naval da Península italiana durante a Guerra de Sicilia. O pacto foi asinado en xullo do 39 a. C.[1] entre Sexto Pompeio e os membros do Segundo Triunvirato — especificamente, Marco Antonio e Lépido e Octaviano, futuro emperador.[2] Supuxo tamén, para-la proscrición lanzada polos triunviros no 43 a.C.

Historia[editar | editar a fonte]

No tratado se esablecía que os triunviros aceptaban que Sexto Pompeio retivese o control de Córsega e Sardeña e Sicilia e tamén lle concedían o Peloponeso. Igualmente, lle prometeron un futuro augurado e consulado para o ano 33 a. C. A cambio, Pompeio aceptou pór fin ao bloqueo de Italia, abastecer a Roma de grans e deter a súa piratería.[3]

O pacto fracasou máis tarde cando un dos triunviros, Marco Antonio, se negou a ceder o control de Acaia polo que Pompeio retomou as hostilidades contra Roma antes de ser derrotado no 36 a.C. na batalla naval de Nauloco polas forzas conxuntas do xeneral republicano Marco Vipsanio Agripa e mais Lépido.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]