Saltar ao contido

Espadaña (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Espadaña
 Título
   Espadaña (es) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Tema principal
 Lingua
Localización
 Lugar de publicación
Códigos e identificadores
ISSN1698-6113 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: bise0000074122
Wikidata

Espadaña foi unha revista leonesa de poesía editada entre 1944 e 1951. Fundada por Antonio González de Lama, Eugenio García de Nora e Victoriano Crémer, publicou obras opostas ó réxime franquista e mantivo unha liña editorial de compromiso político e social.

Espadaña naceu como oposición á revista poética Garcilaso. Juventud creadora (1943-1946), que cultivaba unha poesía clasicista e afecta ó réxime, dentro do chamado garcilasismo. Espadaña serviu de vehículo para unha poesía de ton desarraigado e existencialista que chegou a ser cualificada de tremendista. Ambas revistas representaron as dúas principais correntes poéticas da posguerra española. Isto non impediu que os seus respectivos directores, Victoriano Crémer e José García Nieto, mantivesen unha grande amizade e estima persoal e literaria, como revela a súa correspondencia.[1]

Espadaña converteuse nunha revista de poesía e de crítica. Nela publicaron autores como César Vallejo, Pablo Neruda, Miguel Hernández, Antonio Pereira, José Hierro, Ángela Figuera Aymerich, Antonio Gamoneda, Gabriel Celaya e Blas de Otero.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pérez Barredo, Rodrigo (28 de marzo de 2023). "Espadaña y Garcilaso: no hubo guerra en la literatura de posguerra". Diario de Burgos (en castelán): 18–19.