Escudo de Armas de Mugardos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Historia do escudo das dúas coroas[editar | editar a fonte]

En agosto do ano 1805 e para conmemorar a fin da dependencia señorial de Mugardos do Mosteiro de Montefaro, reuniuse o Concello en pleno na Casa Consistorial baixo a presidencia do seu alcalde D. Ramón Marino de la Barrera, tomando a decisión de crear un escudo de Armas, do que ata entón carecía a Vila, para perpetua-lo triunfo da incorporación á Coroa e tamén en recordo do privilexio concedido polo rei Carlos II o 25 de novembro de 1690, librando á Vila e Porto de Mugardos da contribución de soldados e mariñeiros, polo desembarco da súa esposa Mariana de Neoburgo e o bo trato dispensado polos mugardeses. O Concello tomou o acordo de que:[1]

«[...] en memoria de estos dos plausibles subcesos, que desde oy y para siempre se use por escudo propio de Armas de esta Real Villa dos coronas con una estrella en medio en campo plateado, el que asi se estampe en todos los registros publicos, y se ponga al frente de la Casa Consistorial como cosa propia y debida al onor del pueblo, y a la perpetuidad y memoria del actual Rey nuestro soberano dn Carlos quarto, vajo cuya vondad y proteccion se ha incorporado a su real corona esta villa y jurisdicción».

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Miguel A. Rodríguez Vázquez y Juan A. Carneiro Rey (Seminario de Estudios de Ferrolterra)