Emblema de Afganistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Escudo de Afganistán»)
Emblema do Emirato Islámico de Afganistán
Detalles
ArmigerEmirato Islámico de Afganistán
Adoptado2021[1][2]
EscudoUn mihrab cun minbar dentro, sostendo o Corán e corado por un sol.
AlicerceDúas espadas e dúas gavelas de trigo[3] e un engrenaxe
DivisaÁrabe e paxto: لا إله إلا الله محمد رسول الله - ١٤١٥,١,١٥هـ ت - د افغانستان اسلامي امارت "Non hai divindade senón Deus, e Mahoma é o seu profeta
Emblema da República Islámica de Afganistán
Detalles
ArmigerRepública Islámica de Afganistán
Adoptado2013
EscudoUnha mesquita cun mihrab e un minbar, e a representación da bandeira a cada lado
AlicerceDúas gavelas de trigo

O emblema de Afganistán é un dos símbolos oficiais do país. No presente o emblema oficial é un tema en disputa entre o goberno de facto do Emirato Islámico de Afganistán e o goberno de jure da República Islámica de Afganistán.

Na versión de 2013 da República Islámica aparece representada unha mesquita (con dúas bandeiras) co minbar (púlpito ó que se accede por unha escaleira) co seu mihrab (sempre orientado cara a Meca) sobre a que se sitúa o takbir (الله أكبر, «Alá é grande», escrito sempre en árabe), un pequeno sol nacente e a shahada (tamén escrita sempre en árabe). Debaixo aparece o ano 1298 do calendario persa (usado en Afganistán, equivalente a 1919 no calendario gregoriano, data na que se proclamou a independencia) e a palabra افغانستان («Afganistán») nunha cinta que entrelaza a coroa de espigas de trigo.

Nas numerosas bandeiras usadas por este país sempre apareceu o emblema (agás baixo os talibáns).

Emblemas históricos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]