Escudo (xeoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zonas xeolóxicas da Terra.
Codia oceánica (segundo a súa idade)      0-20 Ma      20-65 Ma      >65 Ma Codia continental      Escudos ou cratóns antigos      Plataformas (escudos con cobertura sedimentaria)      Cadeas oroxénicas      Concas tecto-sedimentarias      Provincias ígneas      Codia adelgazada (por extensión cortical)

En xeoloxía denomínase escudo[1] a unha rexión continental constituída por rochas formadas no precámbrico, que non foron recubertas polo mar.

Os escudos están formados polas rochas máis antigas da codia terrestre, granitizadas e metamorfizadas. Desde as súas orixes permaneceron estábeis e conservando a súa rixidez.

O feito de que nunca puideran ser somerxidos nas transgresións mariñas débese a que sufriron movementos tectónicos verticais. Non experimentaron pregamentos, xa que resistiron a todos os pulos horizontais.

Un escudo é xeralmente unha grande área de rochas ígneas e metamórficas expostas que son tectonicamente estábeis e experimentaron pouca actividade oroxénica.

En todos os casos, a idade destas rochas é de máis de 570 millóns de anos, incluso algunhas datan de hai de 2 a 3,5 miles de millónes de anos.

A causa da súa estabilidade, a erosión aplanou a topografía da maioría dos escudos continentais; porén, comunmente posúen unha superficie bastante convexa e poden estar rodeados dunha rexión recuberta de sedimentos denominada plataforma. Xuntos, a zona exposta, a plataforma recuberta e o basamento cristalino son as partes estábeis da codia continental que compoñen os cratóns.

Os escudos son normalmente os núcleos dos continentes e a maioría están bordeados por cintos de rochas cámbricas pregadas. Estes cintos soldáronse aos bordos dos escudos preexistentes, incrementando así o tamaño dos protocontinentes que constitúen. As marxes dos escudos foron sometidas ás forzas xeotectónicas que, á súa vez, as destruíron e reconstruiron, xunto aos cratóns en que se integran.

Nas rexións setentrionais do globo, encóntranse:

No hemisferio sur destacan:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. escudo (...) 5 s m XEOG Rexión fisográfica constituída por materiais moi antigos, xeralmente precámbricos, que non experimentaron case dobramento desde unha época moi remota, e que sufriu diversas erosións ata formar grandes penechairas un pouco convexas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]