Escrita (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Escrita
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Escrita é unha revista publicada pola AELG. A súa publicación comezou no ano 1983 e finalizou en 1985. Non obstante, no ano 2005, retomouse a súa publicación baixo o nome de Escrita Contemporánea. Foi redactada enteiramente en galego por numerosos escritores, entre os que destacan algúns nomes como os de Otero Pedrayo, Manuel Lourenzo ou Ricardo Carballo Calero.

Os exemplares da revista podíanse adquirir individualmente por 175 pesetas os dous primeiros números e 200 os seguintes. Tamén estaba a disposición do lector unha subscrición anual a cambio de 700 pesetas nos dous primeiros números e de 800 pesetas nos restantes. Actualmente están dispoñibles en formato dixital na páxina web da AELG[1] ou en formato físico na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.

Liña temática[editar | editar a fonte]

O tema principal da revista Escrita é a literatura, mais tamén se tratan temas culturais asociados á lingua, xornalismo, sociedade, filosofía, ciencia e arte. Tamén se inclúen recompilacións de poemas, historias en forma de cómic, ilustracións, ou fragmentos de textos ou cartas doutros autores. Os temas distribúense da seguinte maneira:

artigos
  • 37 relacionados coa literatura.
  • 16 de sociedade.
  • 9 recompilatorios de textos e poemas.
  • 7 de arte.
  • 7 de ciencia.
  • 4 ilustrados.
  • 4 sobre medios de comunicación.
  • 4 dedicados a entrevistas.
  • 3 de filosofía.
  • 2 recompilatorios de cartas.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

Canto a temas ideolóxicos, non existe unha implicación directa coa política, mais si unha defensa da lingua galega e os cambios lexislativos necesarios para o seu uso e promoción.

Periodicidade[editar | editar a fonte]

A revista tivo unha periodicidade irregular. As publicacións tiveron lugar da seguinte maneira:

  • 1983: 1º e 2º números.
  • 1984: 3º, 4º e 5º números.
  • 1985: 6º número.

Distribución[editar | editar a fonte]

Exemplar Páxinas Artigos Lugar de
publicación
Ano de
publicación
Financiamento
1 23 16 A Coruña 1983 Deputación de Ourense e o Banco Bilbao
2 23 17 Vigo 1983 Caixa de Aforros Municipal de Vigo e Deputación de Lugo
3 24 15 Vigo 1984 Caixa de Aforros de Galicia
4 24 16 Vigo 1984 Fundación do Banco Exterior
5 25 15 Vigo 1984 Departamento de Cultura do Concello de Vigo
6 24 11 Vigo 1985 (sen colaboración económica)

Os exemplares, na súa totalidade, foron editados pola AELG, sendo Uxío Novoneyra o seu presidente, Margarita Ledo Andión a súa directora, Alfonso Pexegueiro o seu secretario e Xurxo Fernández o seu deseñador.

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Os autores e autoras da Escrita teñen como obxectivo promover a valorización do escritor e as súas obras e intercambiar ideas e conceptos entre eles. En palabras de Vítor Vaqueiro, colaborador da revista, "o seu ponto de vista, era muito moderno, transversal, interdisciplinar, tentando derrubar a barreira entre ciência e humanidades".[2] Destaca considerabelmente o xénero masculino fronte ao feminino e son de orixe tanto nacional como internacional, tendo como única condición a de contar polo menos cun libro publicado en galego, sendo os seguintes os seus nomes:

Contraste entre a revista Escrita e Escrita Contemporánea[editar | editar a fonte]

A revista Escrita baséase na recompilación de artigos de carácter cultural escritos por diferentes autores en forma de boletín oficial. Por outro lado, Escrita Contemporánea comezou publicando números nos que se homenaxeaban a algúns escritores galegos importantes como Ánxel Casal, Pura Vázquez, Dora Vázquez e Uxío Novoneyra, así como á AELG, para logo se converter en resumos de numerosas Actas de Xornadas relacionadas coa literatura. Conta con 30 números.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Escrita: nº 1, Verán 1983; nº 2, Inverno 1983; nº 3 Primavera 1984; nº 4, Verán 1984; nº 5, Outono 1984; nº 6, Verán 1985.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]