Escribidor de capuz
| Escribidor de capuz | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||


O escribidor de capuz[1] (Emberiza caesia) é unha ave paseriforme da familia Emberizidae, un grupo separado actualmente pola maioría dos autores modernos dos Fringillidae.
Etimoloxía e taxonomía
[editar | editar a fonte]Foi descrita polo médico e científico alemán Philipp Jakob Cretzschmar, que fundou o Museo de Historia Natural de Senckenberg.[2] O nome do xénero Emberiza vén da palabra do antigo alemán Embritz, un escribidor. O termo específico caesias vén do latín caesius, "gris azulado".[3]
É unha especie monotípica, sen subespecies.[4]
Descrición
[editar | editar a fonte]O escribidor de capuz habita a zona de Grecia, Turquía, Chipre e os países costeiros da marxe oriental do Mediterráneo. É unha ave migratoria que pasa os invernos en Sudán. Moi raramente pode migrar cara a Europa occidental.
Para nidificar elixen zonas de outeiros moi solleiros, con arbustos, situados en illas ou preto das costas. Reprodúcese a menores alturas que o escribidor das hortas, unha ave relacionada que habita nos mesmos sitios. Pon entre catro e seis ovos por posta, nun niño colocado no chan. A súa alimentación natural consiste en insectos cando son crías ou principalmente en sementes cando son adultos.
Esta especie é de tamaño menor que o escribidor das hortas. O macho reprodutor ten a cabeza cincenta con marcas alaranxadas sobre o bico. A parte superior do seu corpo é marrón e a manchas, agás o sobrecú, e a parte inferior é maiormente laranxa. O bico é de cor rosa.
As femias e as crías teñen un padrón de cores máis débil na cabeza, e parécense máis aos escribidores da horta. Poden distinguirse polos sobrecús marrón escuros e polo anel branco que rodea os ollos.
Conservación
[editar | editar a fonte]Na Lista Vermella da IUCN esta especie está clasificada como en "preocupación menor" debido á súa ampla área de distribución e gran tamaño de poboación. Aínda que a tendencia da poboación é incerta, non hai probas de que estea sufrindo un rápido declive que cause unha maior preocupación en canto a súa conservación.[5]
Europa alberga unha poboación estimada de 230.000-451.000 individuos maduros, que supoñen o 85 % dos que hai globalmente. Isto indica unha poboación mundial preliminar de 271.000-531.000 individuos maduros, aínda que se necesita afinar as estimacións.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael (2003). Whose Bird? Men and Women Commemorated in the Common Names of Birds. Londres: Christopher Helm. p. 94.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. pp. 83, 145. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Madge, Steve (2020). "Cretzschmar's Bunting (Emberiza caesia), version 1.0". Birds of the World (en inglés). ISSN 2771-3105. doi:10.2173/bow.crebun2.01.
- ↑ "Cretzschmar's Bunting (Emberiza caesia) | Text | BirdLife International". datazone.birdlife.org. Consultado o 2025-01-16.
- ↑ European Commission. Directorate General for Environment.; IUCN.; BirdLife International. (2022). European red list of birds 2021. LU: Publications Office. doi:10.2779/967570.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escribidor de capuz |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escribidor de capuz |
