Saltar ao contido

Escribidor das canaveiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escribidor das canaveiras
 Nome taxon
    Emberiza schoeniclus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    E. schoeniclus (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaEmberizidae
XéneroEmberiza
EspecieEmberiza schoeniclus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Emberiza schoeniclus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   24 cm Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   13 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01y66p Editar o valor en Wikidata
ITIS179543 Editar o valor en Wikidata
OTT711856 Editar o valor en Wikidata
UICN22721012 Editar o valor en Wikidata
CoL39FTN Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Emberiza schoeniclus
Emberiza schoeniclus.

O escribidor das canaveiras[1], antes chamado escribente das canaveiras[2] e escribidora das canaveiras[3], (Emberiza schoeniclus) é unha ave da familia Emberizidae que poboa as zonas húmidas de boa parte de Europa e o norte de Asia.

Características

[editar | editar a fonte]

Pequeno paxaro cunha lonxitude de entre 13,5 e 15,5 cm de lonxitude[4]. Caracterízase pola pigmentación dos ovos do que deriva varios nomes populares en varios idiomas relacionado coa escritura[5]. Só os machos presentan, na época de cría, plumaxes vistosos. O resto do ano ano dominan tons ocres e pardos. Hai entre 15 e 30 subespecies, segundo a autoridade consultada. As grandes diferenzas en plumaxe, tamaño e forma do peteiro e talle corporal xustifican estas diferenzas[5]. En Galicia só nidifica a subespecie E. s. lusitanica. A subespecie lusitanica difire sutilmente pola súa xenética e polo seu tamaño e plumaxe máis escuro. Ás relativamente máis curtas e un peteiro desproporcionadamente longo. Características estas últimas que se explicarían polo menor carácter migratorio e unha dieta invernal baseada máis en insectos ca en sementes[5]. A reprodución é exclusivamente en zonas húmidas. Trátase dunha especie moi discreta nos seus costumes[5].

Distribución

[editar | editar a fonte]

En España realizouse o primeiro censo desta ave en 2005, co resultado de menos de 400 parellas reprodutoras. A maior poboación reprodutora atópase en Galicia cunha poboación de entre 128-158 pp.[6] Na Península Ibérica pódense atopar tres subespecies: Emberiza schoeniclus schoeniclus, abondosa na Europa occidental e presente como invernante; a iberoccidental Emberiza schoeniclus lusitanica, considerada en perigo crítico de extinción e a iberoriental Emberiza schoeniclus witherbyi, considerada en perigo, polo que esta especie foi considerada pola SEO Ave do Ano 2009.[7] No último censo de 2021 (coordinado por SEO/BirdLife) contabilizáronse unhas 300 parellas reprodutoras no conxunto do estado español. Isto supón un declive dun 22% no caso da subespecie iberoriental (con 238-244 parellas) e dun 62% na subespecie iberoccidental (con 20-30 parellas) en comparación co último reconto de 2005.[8]

Distribución Lusitanica

[editar | editar a fonte]

En época de cría, a distribución desta subespecie, vai dende o litoral do País Vasco ata o norte do Texo. Case está desaparecida de Asturias, Cantabria e País Vasco. En Portugal está presente sobre todo na Ría de Aveiro[5]. En Galicia, o censo do 2013, mostrou entre 30 e 42 territorios reprodutores. Os territorios máis habituais son os esteiros do Ulla, o Tambre e a Lagoa da Frouxeira[5]. Ten desaparecido de lugares interiores coma as Gándaras de Budiño[5].

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  3. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  4. Svensson L., Mullarney K., Zetterström D. (2010). Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 9788428215336.
  5. 1 2 3 4 5 6 7 R. Salvadores, F. Arcos (outubro de 2014). "As escribentas das canaveiras nidificantes en Galicia". Cerna (72).
  6. Atienza, Juan Carlos; Copete, José Luis (2004). "Escribano. Palustre Emberiza schoeniclus" (PDF). En Moral, Juan Carlos del; Martí, Ramón. Atlas de las aves reproductoras de España (en castelán). Parques Nacionales. pp. 604–605. ISBN 9788480144742.
  7. "El escribano palustre, 'Ave del Año 2009'". www.elmundo.es. Consultado o 29 de maio de 2019.
  8. "A escribenta das canaveiras, ameazada por proxectos eólicos na Galiza, camiña cara á desaparición". Nós Diario. 20 de febreiro de 2023. Consultado o 21 de febreiro de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]