Escribenta das hortas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escribenta das hortas
Ortolan bunting in Sierra de Guara, Aragon, Spain.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Emberizidae
Xénero: Emberiza
Especie: E. hortulana
Nome binomial
'Emberiza hortulana'
Linnaeus, 1758
Emberiza Hortulano

A escribenta das hortas,[2] ou escribente hortelán[3], de nome científico Emberiza hortulana, é unha ave da familia das Emberizidae.

Morfoloxía e hábitos[editar | editar a fonte]

É unha ave duns 16,5 centímetros de lonxitude e 25 gramos de peso. OS machos presentan unha cabeza gris cunha carúncula ocular marela. A gorxa e queixo son tamén amarelos. O lombo e a rabadilla son pardos, namentres a parte inferior do corpo é cor canela. As femias e xoves son máis discretos e con cores máis esluídas.

É unha ave frecuente nas zonas de agro con árbores dispersas. Tamén se atopa en extensións agrarias amplas e de secaño. Xeralmente o seu límite de distribución son os 1500 metros de altitude, aínda que excepcionalmente pode chegar ós 2000 metros. Aliméntase de sementes e insectos.

Reprodución[editar | editar a fonte]

O período de cría vai de maio a xullo, facendo unha posta de 4-6 ovos. O niño, con forma de cunca, adoita estar preto do chan. O tempo de incubación é de 13 días. Os polos permanecen no niño entre 9 e 13 días trala eclosión.

Distribución[editar | editar a fonte]

De abril a setembro é unha ave común en Asia Menor, o Cáucaso e en toda Europa, excepto nas Illas Británicas, o sur da Península Ibérica, o sur de Suecia e amplas zonas de Francia, Alemaña e os Países Baixos. Hiberna na África Tropical. A migración realízaa polas noites.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Emberiza hortulana". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Xosé M. Pernas Patiño, Carlos Pedreira López, Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. p. 440. 
  3. Definición de Escribenta das hortas no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)