Un dos logros da escola foi o desenvolvemento do alfabeto cirílico. Segundo Florin Curta:
“
A diferenza dos relixiosos de Ohrid, os eruditos de Preslav dependían moito máis dos modelos gregos, polo que axiña abandonaron o alfabeto glagolítico en favor dunha adaptación do uncial ás necesidades do eslavo, que a día de hoxe se coñece como alfabeto cirílico.[1]
”
As inscricións cirílicas máis antigas atopáronse na área de Preslav. En concreto, encontráronse na propia cidade medieval e no próximo mosteiro Patleina, ambos os dous na actual provincia de Shumen, así como nos mosteiros de Ravna e Varna.