Escola Dramática Galega (1978)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escola Dramática Galega
Tipoorganización
Data de fundación1978
SedeA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

A Escola Dramática Galega foi unha institución literaria que existiu entre 1978 e 1994.

Historia[editar | editar a fonte]

Na época da Escola Dramática Galega predominaba o teatro independente, un movemento dramático que abrangue as diferentes agrupación teatrais do Estado que naceran a finais dos sesenta e comezos dos setenta, e cuxo traballo se caracterizou –alén da oposición á ditadura- por unha concepción cooperativista e a procura do público non burgués. Galiza entra en contacto con este teatro independente a través do Teatro Circo, quen participa en certames como único representante galego. Un dos primeiros obxectivos era configurar a identidade galega, así como a difusión da reivindicación lingüística. É este Teatro Circo o que no ano 1976 comeza a sufrir uns cambios que acabarán por concluír na Escola Dramática Galega, de xeito que esta institución se considera unha continuación do primeiro e non unha identidade distinta.

Actividade[editar | editar a fonte]

A institución tiña a súa sede na Coruña, nun baixo que adquiriron ao mesmo tempo que se tramitaba o cambio de nomenclatura no ano 1978. Esta concreción física da EDG faría moito máis notoria a súa presenza. O colectivo comezou a súa actividade dunha maneira frenética realizando un dos seus grandes proxectos: a publicación dos Cadernos da Escola Dramática Galega (1978), coa idea de escoller as pezas teatrais máis significativas da literatura galega universal. Foi dirixida e coordinada por Francisco Pillado Maior e Manuel Lourenzo. Ademais, no seu primeiro ano leváronse a cabo distintas tarefas nos distintos departamentos; por exemplo no de didácticas organizáronse cursos infantís de expresión e de preparación de actores, no de dramáticas elaboráronse varios espectáculos e no departamento de estudos puxéronse en marcha seminarios, presentacións de libros etc.

Finalmente, unha coprodución de tres obras -Electra, Hécuba e Helena-, as cales foron divididas entre dous directores, provocou a disolución da organización debido a que só unha delas recibiu financiamento e, en consecuencia, o resto dos participantes se sentiron excluídos. Este feito tivo un impacto tan negativo nas diferentes partes que non se pensou nunha posíbel reconciliación dos socios cooperativos, apuntando á disolución da institución como a mellor opción.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]