Escapo (botánica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escapo floral.

En botánica, o escapo, ás veces denominado escapo floral, é o caule que está desprovisto de follas e que presenta as flores no ápice.[1]

Os escapos son frecuentes nas monocotiledóneas (clase das Liliopsida), en cuxo caso o escapo nace dun rizoma ou dun bulbo.[1]

As familias máis representativas en canto á formación do escapo floral son asd das Amaryllidaceae, Balsaminaceae, Liliaceae, Papaveraceae, Droseraceae, Violaceae e Bromeliaceae.

O termo foi proposto por Linneo na súa obra Philosophia Botanica.[1]

Usos culinarios[editar | editar a fonte]

Os escapos de ceboliños, Allium tuberosum (cebola silvestre e/ou allo silvestre) e allos pódense utilizar como alimento.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo escapo deriva do latín scapus, 'caule das plantas'.[1][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 escapo, en Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7 (tomo I).
  2. Etoh, T. & Simon, P. W. (2002). "Diversity, fertility, and seed production of garlic". En H. D. Rabinowitch & L. Currah, eds. Allium crop science: recent advances. CABI Pub. 
  3. 2scape no Merriam Webster Dictionary.