Esquema de valoración do nivel de consciencia mediante a escala de Glasgow
A escala esta composta pola exploración e cuantificación de tres parámetros (a apertura ocular, a resposta verbal e mais a resposta motora), dándolle unha puntuación á mellor resposta obtida en cada categoría.[2] Cada puntuación individual súmase para obter un valor total. O valor máis baixo posible é 3 (1 + 1 + 1), e o máis alto é 15 (4 + 5 + 6).