Ernst Wollweber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ernst Wollweber
Bundesarchiv Bild 183-08658-0006, Ernst Wollweber, Minister für Verkehr der DDR.jpg
Nacemento29 de outubro de 1898
Lugar de nacementoHann. Münden
Falecemento3 de maio de 1967
Lugar de falecementoBerlín Leste
SoterradoZentralfriedhof Friedrichsfelde
NacionalidadeRepública Democrática Alemá
Ocupaciónpolítico e militar
CónxuxeLucija Bauer
PremiosPatriotic Order of Merit in gold
Na rede
Find a Grave: 132807263 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ernst Friedrich Wollweber, nado o 29 de outubro de 1898 en Hannoversch-Münden (Baixa Saxonia) e finado o 3 de maio de 1967, foi Ministro de Seguridade Estatal da República Democrática Alemá entre os anos 1953 e 1957.

Membro da Kaiserliche Marine, Armada Imperial Alemá do Segundo Reich, serviu en submarinos durante a Primeira Guerra Mundial. No ano 1918 participa no levantamento de Kiel, de inspiración bolxevique, a cargo da mariña alemá que sería o comezo da Revolución de Novembro e que remataría co derrocamento da Monarquía e o fin da Primeira Guerra Mundial.

Comeza a militar no Partido Comunista de Alemaña no ano 1919, formando parte do seu Comité Central a partir de 1921 e o Secretario Político de Hesse. Tras unha breve detención en 1928 é escollido representante no Parlamento Federal de Prusia, cargo que ocupa ata 1932, e entre ese ano e 1933 no Reichtag.

Tras a vitoria do Nacionalsocialismo exiliase en Leningrado.

Entre os anos 1937 e 1939 participa na chegada a España de armas procedentes da URSS durante a Guerra Civil Española.

En 1940 é detido en Suecia e condenado a tres anos de prisión, pero grazas á súa nacionalidade soviética en lugar de ser deportado á Alemaña Nazi regresou a URSS en 1944.

Tralo fin da Segunda Guerra Mundial regresa a Alemaña para militar no Partido Socialista Unificado de Alemaña. Tras varios cargos na República Democrática Alemá faise cargo no ano 1953 do Ministerio de Seguridade do Estado, a Stasi, substituíndo a Wilhelm Zaisser.

No ano 1957 é obrigado a dimitir do seu cargo tras enfrontamentos con Walter Ulbricht e Erich Honecker, ocupando o seu lugar Erich Mielke. Un ano despois abandona o Comité Central do Partido Socialista Unificado de Alemaña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]