Ernst Ludwig Kirchner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernst Ludwig Kirchner
AlcumeLouis de Marsalle
Nacemento6 de maio de 1880
Lugar de nacementoAschaffenburg
Falecemento15 de xuño de 1938
Lugar de falecementoDavos Frauenkirch
Causaferida por arma de fogo
SoterradoWaldfriedhof Davos
NacionalidadeReich alemán
EtniaPobo alemán
Alma máterUniversidade Técnica de Dresden
Ocupaciónpintor, ilustrador, fotógrafo, artista gráfico, escultor, gravador, deseñador, architectural draftsperson, debuxante e artista visual
PaiErnst Kirchner
Coñecido porCinco mulheres na rua, A rúa, Marzella, Lehrer Florian Bätschi mit Schulkindern, Nu feminino com chapéu, Street, Berlin, Cena de rua, Praça Potsdam, Berlim, Ponte sobre o Reno em Colónia, Cozinha alpina, Tinzenhorn - Desfiladeiro de Zügen perto de Monstein, Ponte de Wiesen, Arqueiros, Rebanho de ovelhas, Metro e Comboio, Banho de soldados e Amazona
Na rede
http://www.ernstludwigkirchner.com/
Discogs: 2390547 WikiTree: Kirchner-774 Find a Grave: 222796017 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Autorretrato de Ernst Ludwig Kirchner caracterizado como un soldado, 1915

Ernst Ludwig Kirchner, nado en Aschaffenburg o 6 de maio de 1880 e finado en Frauenkirch (Suíza) o 15 de xuño de 1938, foi un pintor alemán, un dos máximos expoñentes do expresionismo e principal impulsor do grupo alemán Die Brücke ('A ponte').

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1904 traballou no estudio de Wilhelm Debschitz e Herrmann Obrist e coñeceu o gravado en madeira. Neste mesmo ano participou nunha creación do grupo, de ideas revolucionarias e unha intensa actividade en común, aínda que non tiveron un recoñecemento inmediato. Kirchner comezou a pintar de forma autodidáctica ao tempo que estudaba arquitectura na Technische Hochschule de Dresden na que obtivo o diploma en 1905; tratou de derivar as formas naturais a simplificacións radicais, e mesmo ás veces, brutais.

En obras como Autorretrato con modelo (1907, Hamburgo), as súas liñas marcadas e as súas cores desentoadas crean un sentido de emoción violenta. O seu interese pola arte primitiva viuse reflectida tanta na súa obra como nos mobles e murais que fabricou para o estudio que compartía con Heckel nunha antiga carnizaría do barrio obreiro.

En outubro de 1911 trasladouse a Berlín onde pintou as obras máis significativas do expresionismo alemán e comezou a ter certo éxito que lle levou a ser seleccionado para o Armory Show (1913, exposición de arte contemporánea europea en Nova York).

Especialmente as obras máis características eran representacións de mulleres como Cinco mulleres na rúa, nas que se burla mediante a distorsión grotesca, da artificialidade amaneirada e da sociedade berlinesa.

En 1915 a súa saúde física e mental foise deteriorando e trasladouse a Davos, Suíza, onde viviu illado ata o final da súa vida. Comezou de novo a pintar e a escribir crítica de arte baixo o pseudónimo de Louis de Marsalle.

En 1937 os nazis, cando chegaron ó poder en Alemaña, considerárono un artista dexenerado e, confiscaron 639 das súas pinturas. Kirchner sufriu un recaída do seu estado depresivo e suicidouse en xuño de 1938.

A súa obra mantivo sempre a simplificación e a deformación expresionista da forma e o uso arbitrario da cor. Como os demais pintores expresionistas de Die Brücke, evolucionou desde un primeiro momento de influencia de Van Gogh a un estilo mas sintético e bidimensional, de pinceladas grosas e unha maior autonomía da cor.

A súa temática estivo nun principio dedicada á paisaxe, con ou sen figuras, e ó espido. Xa en Suíza pintou paisaxes nas que acentuou a compoñente mística.