Ernst E. Areen
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de marzo de 1882 Condado de Kalmar. Suecia |
| Morte | 15 de setembro de 1943 (61 anos) |
| Cargos | |
| Presidente da Sociedade Numismática Sueca | |
| Período | 1934-1935 |
| Antecesor | Axel Wahlstedt |
| Sucesor | Bengt Thordeman |
| Datos persoais | |
| País de nacionalidade | |
| Educación | Universidade de Uppsala. Universidade de Lund. |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Historia da arte, numismática, cultura, xenealoxía, armas. |
| Ocupación | escritor |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Amanda Albertina Andersson (1926). |
| Fillos | Erik Gustaf Areen. |
| Descrito pola fonte | Vem är det 1939 (en) Vem är det 1943 (en) Who was it? (en) |
Ernst Erik Areen, nado o 29 de marzo de 1882 en Borgholm e finado o 15 de setembro de 1943, foi un autor, investigador e numismático sueco.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Ernst Erik Areen Areen cursou estudos de Medicina na Universidade de Uppsala, onde se licenciou en 1910. Logo continuou os seus estudos cunha licenciatura en Letras na Universidade de Lund en 1914, e unha licenciatura en Filosofía na Universidade de Uppsala en 1916. Finalmente acadou o seu doutoramento en Filosofía en 1925.[1][2]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Areen exerceu a docencia como profesor adxunto no departamento de Patoloxía da Universidade de Uppsala en 1907, e como profesor do departamento de Farmacoloxía entre 1908 e 1910.[1][2]
Á marxe da docencia, traballou tamén na Academia Sueca de Agricultura e na Axencia Central de Experimentación Agrícola de 1922 a 1924, e dirixiu o instituto de investigación e mediación cultural AB Scriptor.[1][2]
Como resultado da súa ampla formación e das frecuentes viaxes de investigación ao estranxeiro, Areen publicou artigos e ensaios sobre gran variedade de temas, como a historia da arte, a cultura, as armas, a numismática ou a xenealoxía.
Entre 1934 e 1935 foi o presidente da Sociedade Numismática Sueca.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Ernst E. Areen casou con Manda Albertina Andersson en 1926, con quen tivo un fillo, chamado Erik Gustaf.
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]- (1916). Gustavianska konstnärsbref [Cartas de artistas gustavianos].
- (1923). Den kungliga Djurgårdsinrättningen på Öland [A Institución Real de Djurgården en Öland].
- (1925). Uppsala universitetsbiblioteks byggnadshistoria [Historia dla construción da Biblioteca da Universidade de Uppsala].
- (1938). De nordiska ländernas officiella belöningsmedaljer [As medallas de honra oficiais dos países nórdicos].
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 "Ernst Erik Areen (1882-1943) - SNF:s årsmötesmedalj 1987 av Ernst Nordin". Tradera.com
- 1 2 3 4 "Areen, Ernst Erik". En Vem Är Det?. Svensk biografisk handbok. Estocolmo, 1943. Páxinas 38-39.
- 1 2 "Areen, Ernst". En Vem var det?. Biografier över bortgangna svenska män och kvinor. Estocolmo, 1944. Páxina 14.
- ↑ "SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Areen, Ernst Erik". En Vem Är Det?. Svensk biografisk handbok. Estocolmo, 1943. Páxinas 38-39.
- "Areen, Ernst". En Vem Var Det?. Biografier över bortgangna svenska män och kvinor. Estocolmo, 1944. Páxina 14.