Ernesto Seijo Espiñeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ernesto Seijo»)
Infotaula de personaErnesto Seijo Espiñeira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor em Wikidata
Carballo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1986 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Manchester, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncientífico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ernesto Seijo Espiñeira, nado en Carballo en 1909 e finado en Manchester en 1986, foi un científico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo a carreira de Ciencias (1930) e licenciouse en Farmacia (1933). No último ano da carreira xa publicou dous traballos de investigación sobre síntese química de produtos naturais, a carón do seu mestre, na revista Anales de Física y Química, logo reflectidos no Chemical Abstract. Cando rematou a licenciatura en Ciencias Químicas, e xa como axudante de clases prácticas desde 1931, completou a súa formación no estranxeiro cunha bolsa do Padroado da Universidade de Santiago e outra da JAE, para continuar coa liña de investigación síntese química de produtos naturais, en 1934. Estivo en Oxford con quen despois sería Premio Nobel Robert Robinson. Alí realizou traballos para a súa tese de doutoramento (1936). Á súa volta foi nomeado profesor auxiliar de química orgánica na cátedra de Calvet. Logo dun período curto de docencia no curso 1935-36, obtivo unha segunda bolsa da JAE, tamén en Oxford, para rematar as investigacións encetadas un ano atrás para o seu doutoramento, que vai culminar ese mesmo ano.

Asentado nas Illas Británicas, estalou a sublevación do 18 de xullo de 1936. A instancias da súa familia, sabedores do que estaba a acontecer co profesorado santiagués comprometido, indicáronlle que non volvese de momento. En outubro contactou co Ministerio de Instrución Pública, desde Oxford, indicando o seu desexo de reintegrarse na España leal. Pero finalmente quedou no exilio. Nos primeiros anos tomou contacto coa Unión de Profesores Universitarios Españoles en el Extranjero, organismo que tratou de aglutinar ao profesorado espallado que fuxira de España logo da derrota. Despois recorreu ao seu mentor Robert Robinson e pola súa intervención comezou a traballar para os Laboratorios Dyson-Perrins, da Universidade de Oxford, finalizando 1936, cunha bolsa da Fundación Rockefeller para traballar en hormonas. Continuou coa investigación en novos terreos como a industria téxtil e petroquímica, co desenvolvemento de substancias plásticas, traballando con materiais como o vinilo, o raión ou o poliuretano, onde realizou importantes achegas. Rexistrou varias patentes.

Traballou despois para varias empresas do téxtil e petroquímicas como a Shell. En 1963, retornou á docencia universitaria no Royal College of Advanced Technology de Salford, ata a súa xubilación en 1974, dentro de departamento de Química Aplicada.

Non retornou a España ata despois da morte de Francisco Franco, en 1976.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1945 con Diana Mary Ingram, unha secretaria da Universidade de Oxford, con quen tivo tres fillos. Morreu dun cancro nunha vila preto de Manchester, en 1986.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]