Ernesto Mauri
Ernesto Mauri | |
---|---|
Nacemento | 1791 |
Falecemento | 1836 |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | italiano |
Ocupación | botánico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ernesto Mauri, nado en 1791 e finado en 1836, foi un botánico e micólogo italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ernesto Mauri realizou unha importante contribución á botánica coa súa obra Florae romanae en coautoría con F. Antonio Sebastiani (1782-1821). Chegou a ser director do Xardín Botánico de Roma e profesor de botánica.
Abreviatura botánica[editar | editar a fonte]
A abreviatura Mauri emprégase para indicar a Ernesto Mauri como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.[1]
Un exemplo de planta descrita por el é Romulea bulbocodium (L.) Sebast. & Mauri, publicada en Florae Romanae Prodromus 17 1818.[2] Esta planta tamén se chama Romulea uliginosa e ten por nome común aberiota.
Honores[editar | editar a fonte]
Epónimos[editar | editar a fonte]
As seguintes plantas levan o epónimo de E. Mauri:
- (Geraniaceae) Pelargonium maurii Dehnh.[3]
- (Orchidaceae) Orchis mauri Jord. ex Cortesi 1903[4]
Curiosamente, a pesar de ser botanico, tamén hai algúns animais nomeados en honra a Mauri:
- Existe unha ave á que o seu descritor, o ornitólogo alemán Jean Louis Cabanis (1816-1906) lle puxo en 1859 o nome mauri en honra de Ernesto Mauri. Trátase do pilro Calidris mauri.[5][6] En realidade, Cabanis foi persuadido polo ornitólogo Charles Lucien Bonaparte, que tamén nomeara previamente a ave e era amigo de Mauri, de que lle puxese ese nome.[7]
- Bonaparte tamén lle puxera a un peixe o nome Smaris maurii en honra de E. Mauri, pero este é un sinónimo júnior e hoxe denominase Spicara smaris.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Todas as especies de plantas descritas por E. Mauri en IPNI
- ↑ "Romulea bulbocodium". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ Cat. Pl. Horti Camald., ed. 2 22 (Quid ?). 1832 (IK)
- ↑ Ann. Bot. (Rome) 1: 173. 1903 (IK)
- ↑ James Sandrock, Jean C. Prior The Scientific Nomenclature of Birds in the Upper Midwest. Páxina 33. Google books.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 84, 243. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ 7,0 7,1 Bo Beolens, Michael Watkins, Michael Grayson The Eponym Dictionary of Birds Google books.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- «Ernesto Mauri». Índice Internacional de Nomes das Plantas (IPNI). Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade de Harvard e Herbario nacional Australiano (eds.).
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ernesto Mauri |