Ernesto Martínez Fernández
Biografía | |
---|---|
Morte | 2006 |
Alcalde de Carballeda de Avia | |
1987 – 2001 (moción de censura) – Luis Milia Méndez → | |
Alcalde de Carballeda de Avia | |
1979 – 1983 | |
Alcalde de Carballeda de Avia | |
1956 – 1961 | |
Actividade | |
Ocupación | político, industrial |
Ernesto Martínez Fernández, finado en 2006, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Industrial. No franquismo foi nomeado alcalde de Carballeda de Avia en 1956, tomando posesión o 14 de xuño.[1] Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde como cabeza da lista de Coalición Democrática con maioría simple. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e volveu impoñerse con maioría simple, porén perdeu a alcaldía tras apoiar os concelleiros de Coalición Galega ó único concelleiro do PSdeG. Nas municipais de 1987 encabezou novamente a candidatura de Alianza Popular e recuperou a alcaldía con maioría absoluta. Repetiu como alcalde logo das municipais de 1991, nesta ocasión con maioría simple, e gobernou en minoría ata que en setembro de 1992 incorporou ó goberno a 2 concelleiros electos na candidatura de Converxencia Centrista. Nas municipais de 1995 e municipais de 1999 revalidou a alcaldía con maioría absoluta. A marcha de 2 edís do seu grupo ó grupo mixto a finais de 2000 desembocou, en marzo de 2001, nunha moción de censura do PSdeG-PSOE apoiada por unha das edís que abandonara o PPdeG e que fixo alcalde ó candidato socialista Luis Milia Méndez.[2] En febreiro de 2003 abandonou a política activa.[3].
Predecesor: - |
Alcalde de Carballeda de Avia 1956 - 1961 |
Sucesor: Julio Fernández Álvarez
|
Predecesor: - |
Alcalde de Carballeda de Avia 1979 - 1983 |
Sucesor: Hipólito López Álvarez
|
Predecesor: Hipólito López Álvarez |
Alcalde de Carballeda de Avia 1987 - 2001 |
Sucesor: Luis Milia Méndez
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Región, 21-6-1956, p. 4.
- ↑ "La moción de censura de Carballeda busca acabar con veinte años de gobierno del PP". Arquivado dende o orixinal o 29/12/2014. Consultado o 28/12/2014.
- ↑ "La dimisión de Ernesto Martínez sorprende a los alcaldes de O Ribeiro". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2014. Consultado o 28 de decembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ernesto Martínez agotará el mandato en Carballeda porque se lo pide el PP, noticia en La Voz de Galicia
- Ernesto Martínez rectifica y retira su dimisión como concejal de Carballeda, noticia en La Voz de Galicia