Ermida de San Simón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ermida de San Simón
Fachada da ermida de San Simón
PaísEspaña
LocalizaciónIlla de San Simón
(Cesantes, Redondela)
Coordenadas42°18′28″N 8°37′42″O / 42.307655555556, -8.6284527777778Coordenadas: 42°18′28″N 8°37′42″O / 42.307655555556, -8.6284527777778
editar datos en Wikidata ]

A ermida de San Simón ou ermida de San Pedro é unha ermida situada na illa de San Simón, pertencente á parroquia de Cesantes (Redondela). Era empregado pola orde do temple como lugar de retiro espiritual.

Estilo[editar | editar a fonte]

Foi reconstruída no século XIX, após que quedase derruída nas invasións anglosaxoas. Nun dos saquexos acometidos polo pirata Francis Drake, as extremidades da estatua de San Pedro que se atopa no seu interior foron amputadas na busca de ouro no seu interior. Na restauración, deseñada por Alejo Andrade Yáñez, restaurouse a fachada seguindo un estilo neoclásico. A porta principal remata nun arco de medio punto, e foi construído un soportal na propia fachada coma refuxio aos visitantes. No proceso de restauración tamén foi eliminada a falsa bóveda para recuperar a cuberta orixinal.[1]

A ermida na literatura[editar | editar a fonte]

O poeta e trobador medieval Mendinho fixo referencia á ermida de San Simón no único escrito do que se ten constancia deste autor, recoñecido co Día das Letras Galegas no ano 1998 (xunto con Johan de Cangas e Martín Codax). A cantiga[2] está reproducida a continuación:

Sedia-m'eu na ermida de San Simion
e cercaron-mi as ondas, que grandes son:
eu atendend'o meu amigo,
eu atendend'o meu amigo!

Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar:
eu atendend'o meu amigo,
eu atendend'o meu amigo!

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fundación Illa de San Simón. (ed.). "A Capela.". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de outubro de 2015. 
  2. Sediam'eu na ermida de San Simion, Bibliotheca Augustana. José Joaquim Nunes, Cantigas d'amigo, n. 252, Lisboa 1928.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

www.illadesansimon.org Fundación Illa de San Simón.