Atol Erikub

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Erikub»)
Erikub
Atol Erikub. Imaxe satelital do Atol Erikub (o atol mais pequeno que aparece na imaxe), tomada pola NASA
Datos
País Illas Marshall Illas Marshall
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 1´53 km²
Superficie lagoa 230 km²
Nº de illas 6
Coordenadas 09°08′30″N 170°00′00″L / 9.14167, -170.00000
Maior Altura 9 m.
Localización
Localización do atol Erikub

O Atol Erikub é un atol deshabitado localizado na área central da Cadea Ratak nas Illas Marshall. O atol está lixeiramente ao sur dun atol lixeiramente máis grande chamado Wotje.

Hai 6 illas que se combinan para crear unha área total de terra de 1´53 km², un dos máis pequenos das Illas Marshall. As 6 illas rodean unha lagoa central que cobre unha área de 230 quilómetros cadrados.

Debido a súa escasísima elevación sobre o nivel do mar, é moi factible que este conxunto de illas sexan tapadas pola auga nun futuro próximo, debido ao quecemento global que provoca desxeos.

Historia[editar | editar a fonte]

O atol Erikub foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés. Tras o final da segunda guerra mundial, Erikub quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. A illa forma parte da independente República das Illas Marshall desde 1986.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]