Saltar ao contido

Erika (petroleiro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erika
 Instancia de
Produción
 Fabricante
Características
 Número do casco
284 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Lonxitude184 m Editar o valor en Wikidata
Masa37.283 t Editar o valor en Wikidata
Calado10,9 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
1975 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Acontecementos
12 de decembro de 1999 naufraxio
1975 entrada en servizo Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País de rexistro
 Porto de orixe
Identificadores
Freebase/m/0gm58r Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

O Erika foi un petroleiro maltés de bandeira de conveniencia construído no Xapón en 1975, propiedade da empresa Tevere Shipping e xestionado por Panship Management and Services Srl. O 12 de decembro de 1999 o petroleiro afundiuse nunha tormenta, partindo en dous e provocando unha marea negra nas costas da Bretaña. No momento do incidente foi fretado por TTC (Total Transport Corporation)[1]

Mapa do rumbo que levou o Erika até o seu afundimento e a posterior contaminación da costa no golfo de Biscaia.

En decembro de 1999 transportaba 30 000 toneladas de fueloil pesado desde Dunkerque a Livorno (Italia), adquirido pola empresa eléctrica italiana Enel a Total Bermuda, que á súa vez o comprara a Total-Fina-Elf. En plena travesía do Cantábrico e cunha forza de mar de 8 a 10, o barco (que tiña todos os permisos en regra) rompeu en dous por un defecto estrutural e o desgaste normal nun barco da súa antigüidade (25 anos), provocando unha catástrofe ecolóxica en forma de marea negra na costa bretoa.

En xaneiro de 2007 o tribunal correccional de París ditou unha sentenza condenando a Total, o armador, o xerente do petroleiro e a empresa de certificación italiana Rina (responsable das inspeccións técnicas do buque) a pagar colectivamente 192 millóns de euros de indemnización ás vítimas da marea negra. A mesma sentenza absolve ao capitán, e aos axentes do servizo de salvamento que foron acusados de neglixencia.

A sentenza é histórica porque establece en Francia por primeira vez o concepto de "dano ecolóxico". Finalmente non houbo sentenza para o capitán indio das cortes francesas.

O desastre levou á adopción de medidas na Unión Europea para mellorar a seguridade dos buques e a protección ambiental, incluíndo a prohibición de petroleiros monocasco e buques en mal estado. O naufraxio do Prestige provocou a aceleración da aplicación da normativa chamada paquete Erika.[2]

  1. "FIDAC; Mapa". www.iopcfunds.org. Consultado o 2022-07-06. 
  2. "EUR-Lex - l24230 - EN - EUR-Lex". eur-lex.europa.eu (en inglés). Consultado o 2024-01-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]