Erich von Däniken
(2009) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de) Erich Anton Paul von Däniken 14 de abril de 1935 Zofingen |
| Morte | 10 de xaneiro de 2026 Unterseen |
| Relixión | Igrexa católica e catolicismo |
| Educación | Collège Saint-Michel (en) |
| Lateralidade | destro |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pseudoarqueoloxía, hipótese dos antigos astronautas e literatura de non ficción |
| Lugar de traballo | Beatenberg |
| Ocupación | escritor, mitógrafo, fotógrafo, escritor de ciencia ficción, Ufólogo, escritor de non ficción |
| Período de actividade | 1963 |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Outro | |
| Fillos | Cornelia von Däniken |
| Condenado por | evasión fiscal fraude documental (pt) fraude (1970) |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Iedereen Leest |
| Sitio web | daniken.com |
Erich Anton Paul von Däniken, nado en Zofingen (Argovia) o 14 de abril de 1935 e finado en Unterseen (Berna) o 10 de xaneiro de 2026,[1] foi un autor suízo de varios libros que fan afirmacións sobre as supostas influencias extraterrestres na cultura humana primitiva, incluído o best-seller Erinnerungen an die Zukunft (1968). Von Däniken é unha das principais figuras responsables de popularizar as hipóteses do "paleocontacto" e dos antigos astronautas. As ideas expostas nos seus libros son rexeitadas por unha maioría de científicos e académicos, que clasifican o seu traballo como pseudohistoria, pseudoarqueoloxía e pseudociencia.[2][3][4] Ó comezo da súa carreira, foi xulgado e condenado por varios cargos de fraude ou malversación, e mesmo escribiu un dos seus libros na cadea.[5]
O escritor foi acusado de plaxio pola súa obra The Gold of the Gods, onde utilizou fotografías sen permiso e adxudicouse unha expedición á cova dos Tayos, a cal se demostraría que foi falsa.[6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Von Däniken naceu en Zofingen (Suíza). Educado como católico estrito, asistiu á escola católica internacional de Saint-Michel, en Friburgo (Suíza). Durante o seu tempo na escola rexeitou as interpretacións da igrexa da Biblia, e desenvolveu o seu interese pola astronomía e o fenómeno dos pratos volantes.[7]
Á idade de 19 anos, Von Däniken foi condenado a catro meses de prisión por roubo.[7] Von Däniken deixou a escola e traballou como aprendiz dun hoteleiro suízo.[8] Traballou como empregado nun hotel en Exipto, onde foi declarado culpable de fraude e malversación de fondos.[7]
Máis adiante traballou como empregado do Rosenhügel Hotel en Davos (Suíza), período durante o que escribiu Erinnerungen an die Zukunft.[9] En decembro de 1964, von Däniken escribiu un artigo titulado «Hatten unsere Vorfahren Besuch aus dem Weltraum?» (‘os nosos antepasados foron visitados dende o espazo?’), para o xornal alemán-canadense Der Nordwesten.[10] O manuscrito de Erinnerungen an die Zukunft foi aceptado por un editor a principios de 1967, e impreso en marzo de 1968.[11]
En novembro de 1968 von Däniken foi arrestado por fraude, falsificación de documentos de hoteis e falsas referencias de crédito, para obter préstamos por valor de 130 000 dólares estadounidenses durante un período de doce anos.[7][11] Dous anos máis tarde, Von Däniken foi condenado por «repetida e mantida» malversación de fondos, fraude e falsificación; o fallo do tribunal alegaba que o escritor estivera vivindo unha vida ao estilo dun playboy.[11][12] Von Däniken entregou unha alegación en favor da nulidade da sentenza, sobre a base de que as súas intencións non eran maliciosas e que as entidades de crédito tiveran a culpa por non investigar adecuadamente as súas referencias fraudulentas.[7][11][12] O 13 de febreiro de 1970, Von Däniken foi condenado a tres anos e medio de prisión e unha multa de 3000 CHF (francos suízos).[11] Cumpriu un ano de condena antes de ser posto en liberdade.[7]
O seu primeiro libro, Erinnerungen an die Zukunft, fora publicado na data do seu xuízo, e as súas vendas permitíronlle pagar as súas débedas e deixar o negocio hoteleiro. Von Däniken escribiu o seu segundo libro, Gods from Outer Space, mentres estaba na cadea.[7][12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Erich von Däniken mit 90 Jahren gestorben". ZDFheute (en alemán). 11 de xaneiro de 2026. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ Fagan, Brian M. (2000). In the beginning: an introduction to archaeology (10th ed.). Prentice-Hall. pp. 17–18. ISBN 978-0-13-030731-6.
… Flamboyant pseudoarchaeology of the type espoused by von Däniken and Hancock will always appeal to people who are impatient …
- ↑ Orser, Charles E. (2003). Race and practice in archaeological interpretation. University of Pennsylvania Press. p. 73. ISBN 978-0-8122-3750-4.
- ↑ Fritze, Ronald H. (2009). Invented Knowledge: False History, Fake Science and Pseudo-religions. Reaktion Books. pp. 13, 200, 201. ISBN 978-1-86189-430-4.
- ↑ Lingeman, Richard R. (31 de marzo de 1974). The New York Times, ed. "Erich von Daniken's Genesis". p. 6.
- ↑ Espinoza, Gustavo (19 de decembro de 2013). "Mundo oculto del mundo - Jaime Rodriguez - Cueva de los Tayos la verdad - Parte 3". Consultado o 27 de abril de 2017.
- 1 2 3 4 5 6 7 "Entrevista en Playboy". Playboy 21 (8). agosto de 1974.
- ↑ Story, Ronald (1976). The space-gods revealed : a close look at the theories of Erich von Däniken. New York: Harper & Row. pp. 1. ISBN 0-06-014141-7.
- ↑ Story, Ronald (1976). The space-gods revealed: a close look at the theories of Erich von Däniken. New York: Harper & Row. ISBN 0-06-014141-7.
- ↑ Krassa, Piter (1976). Disciple of the Gods: A biography of Erich Von Däniken. W.H.Allen & Co.,Ltd. p. 74.
- 1 2 3 4 5 Story, Ronald (1976). The space-gods revealed : a close look at the theories of Erich von Däniken. New York: Harper & Row. ISBN 0-06-014141-7.
- 1 2 3 Lingeman, Richard R. (31 de marzo de 1974). "Erich von Daniken's Genesis". The New York Times: 6.