Eric Geboers
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de agosto de 1962 Neerpelt |
| Morte | 6 de maio de 2018 Mol |
| Causa da morte | afogamento |
| Outros nomes | The Kid, Mr. 875 |
| Actividade | |
| Ocupación | enxeñeiro, piloto de motocrós, piloto de automobilismo |
| Deporte | motocrós Carreira de resistencia |
| Familia | |
| Irmáns | Sylvain Geboers |
| Premios | |
| |
Eric Geboers, nado en Neerpelt o 5 de agosto de 1962 e finado en Mol o 6 de maio de 2018, foi un piloto de motocrós flamengo, gañador de dous campionatos mundiais na categoría de 500 cc, 250 cc e tres en 125 cc.[1] ademais, como parte do equipo de Bélxica gañou a Coupe des Nations en 1983. Familiarmente coñecido como The Kid, é o irmán máis novo de Sylvain Geboers, aspirante na década de 1970 ao título de 250 cc.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Eric Geboers, coñecido no mundo do motocrós como "Mr. 875cc", por ser o primeiro en gañar o título mundial das tres cilindradas (125, 250 e 500 cc), adiantándose ao seu compañeiro de equipo Georges Jobé que o intentou, sen éxito, na mesma época. En 1988 recibiu o premio como Deportista belga do ano e dous anos despois retirouse da alta competición tras rematar o GP de Bélxica, disputado en Namur o 5 de agosto de 1990.
Logo participou en carreiras de resistencia de automobilismo en coches deportivos competindo nas tempadas 2001 e 2002 no Campionato FIA GT, e tomando parte en carreiras como os 500 km do Jarama e as 24 Horas de Spa.
Dirixiu o equipo Teka Suzuki motocross team, canda o seu irmán Sylvain, patrocinando condutores belagas, como Steve Ramon ou Clement Desalle. Morreu afogado na localidade de Mol, preto de Anveres, ao intentar salvar o seu can[2].