Saltar ao contido

Eri Klas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEri Klas

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1939 Editar o valor en Wikidata
Talín Editar o valor en Wikidata
Morte26 de febreiro de 2016 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Talín Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Rahumäe Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Música e Teatro de Estonia (1964–1967)
Escola de Música Georg Ots de Talín (–1959) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de orquestra Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAcademia de Música e Teatro de Estonia (1997–2016) , morte
Academia Sibelius (1993–1997) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
AlumnosMikko Franck Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoMelodiya Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeÜlle Ulla Editar o valor en Wikidata
FillosDiana Klas Editar o valor en Wikidata
NaiAnna Klas Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0458303 Spotify: 72CjCnfSeHhAIQurEjh5Qk Apple Music: 4457181 Musicbrainz: c8db85b3-59c2-4baf-b9cf-4f4e6964059e Discogs: 833803 Allmusic: mn0001645591 Editar o valor en Wikidata

Eri Klas, nado en Talín o 7 de xuño de 1939, e finado ibídem o 26 de febreiro de 2016, foi un director de orquestra estoniano.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Klas naceu no seo dunha familia xudía en Talín. A súa nai era a pianista Anna Klas. O seu pai, Eduard Klas, foi asasinado en 1941, durant o Holocausto. Klas traballou principalmente na escena nórdica, pero quizais sexa máis lembrado polo seu traballo ao liderar a desaparecida Orquestra Sinfónica da Radio dos Países Baixos. De 1999 a 2001 Klas foi conselleiro musical da Sinfonietta de Bersebá, Israel.

Estreou o 1º Concerto para violonchelo de Alfred Schnittke (Fiharmónica de Múnic, 1986) e o ballet Peer Gynt (Ópera Estatal de Hamburgo, 1989), e traballou na difusión do repertorio estoniano.

Klas tamén estivo activo como pedagogo, ocupando cátedras na Academia Sibelius (1993–97) e na Academia de Música e Teatro de Estonia (1997 ata a súa morte), onde recibiu o doutoramento honoris causa.

Klas foi condecorado coa Orde do León de Finlandia (1992, co gallo do 75º Día da Independencia de Finlandia) e a Orde de Estonia da Estrela Branca. Foi embaixador de boa vontade de UNICEF. En 1986, foi nomeado como artista do pobo da URSS. Foi campión de boxeo lixeiro júnior de Estonia, tamén foi membro do Comité Olímpico Estoniano.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Eri Klas identificouse como xudeu. Malia isto, o director Neeme Järvi considerábao un auténtico estoniano.[2] A nai de Eri Klas era a pianista e profesora Anna Klas. O pai de Eri Klas, Eduard, quedou cos seus pais en Estonia ao comezo da ocupación nazi, mentres que a súa nai Anna marchou á retagarda da Unión Soviética co pequeno Eri.[3] O pai foi executado no outono de 1941.[4]

En 1966 naceu a filla de Eri Klas, Marina. A nai de Marina Roos (nada Mitt) é a antiga acróbata e ballarina de espectáculos de variedades Anita Mitt. Dende 1966 até 1968, Eri Klas estivo casado coa cantante e actriz de épera Nieves Lepp (nada Redi). Do matrimonio naceu unha filla, a actriz Diana Klas. Dende 1972 até 1991, estivo casado coa bailarina, cantante e actriz Ülle Ulla.[5] En 1992, Eri Klas casou coa pianista Ariel Klas (1952), e as fillas de matrimonios anteriores, Angelika Klas-Fagerlund (1974) e Marion Elvilä (nada en Melnik)[6] son cantantes de ópera.

Eri Klas (2009).

Eri Klas sobreviviu a diversos microinfartos. Estaba conducindo cando ocorreu un deles. O 20 de abril de 1994, provocou un accidente de tráfico no cruzamento de Põltsamaa no quilómetro 130 da estrada Tallin-Tartu-Võru-Luhamaa, no que morreu unha persoa. A policía abriu unha causa penal, pero quedou pechada por falta de probas de delito. O propio Eri Klas declarou: "Perdín a visión por problemas de irrigación sanguínea".[7]

Eri Klas morreu o 26 de febreiro de 2016, tras unha grave enfermidade. Foi enterrado en Talín, no cemiterio xudeu de Rahumäe.

  1. "In memoriam Eri Klas". Kultuur (en estoniano). 2016-02-26. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2025. Consultado o 22 de abril de 2025.
  2. "Soome Eestlaste Liit : "Vaated! Vaated? Vaated." maestro Eri KLAS - Binokkel nr. 2 September 2004". 2007-03-09. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2007. Consultado o 2025-04-09.
  3. "Эри Клас - EJC.ee" (en inglés). Consultado o 2025-04-09.
  4. In memoriam Eri Klas Postimees, 27 de febreiro de 2016
  5. "Ulla, Ülle – Eesti Entsüklopeedia". etbl.teatriliit.ee (en estoniano). Consultado o 13 de maio de 2021.
  6. "Marion Melnik keikat, liput ja lisätiedot | Meteli.net". Consultado o 2025-04-09.[Ligazón morta]
  7. "Eri Klas: «Mõistus toimis, kuni tekkis verevarustushäire!»" (en estoniano). Consultado o 2025-04-09.