Erguer - Estudantes da Galiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Erguer. Estudantes da Galiza")
Erguer. Estudantes da Galiza
Fundación 5 de marzo de 2016[1]
Ideoloxía Nacionalismo galego
Feminismo
Internacionalismo
Independentismo galego
Antiimperialismo
www.erguer.gal

Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e non heteropatriarcal. É unha organización de carácter plural, situada no campo da esquerda nacionalista e independentista, nun movemento político que procura a constitución da República Galega independente, democrática e plenamente soberana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fundada o 5 de marzo de 2016 nunha Asemblea Nacional Constituínte[2] que tivo lugar no Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela, baixo o lema "Libera e transforma Galiza desde as aulas", tras varios meses de socialización do proxecto entre estudantado de toda Galiza, tanto de ensino medio coma universitario, a través de asembleas abertas.

Composición[editar | editar a fonte]

O estudantado incorporado ao proceso a través destas asembleas abertas pasou a constituír Erguer xunto a membros das organizacións estudantís nacionalistas AGIR, Comités e a Liga Estudantil Galega, que pasaron a disolverse e integrárense na nova organización[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Erguer. Estudantes da Galiza: Apresentaçom e resoluçons da nova entidade unitária". Diário Liberdade. 7 de marzo de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2016. 
  2. Rodil, Olalla (4 de marzo de 2016). "O movemento estudantil nacionalista únese". Sermos Galiza. Consultado o 21 de marzo de 2016. 
  3. Obelleiro M., Ares, D. (6 de marzo de 2016). "Nace Erguer, a organización que une o estudantado nacionalista". Sermos Galiza. Consultado o 21 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]