Erebinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erebinos
Erebinae

Catocala nupta
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Superfamilia: Noctuoidea
Familia: Erebidae
Subfamilia: Erebinae
Leach, 1815
Tribos
Véxase o texto
Sinonimia
  • Catocalinae Boisduval, 1829

A dos erebinos (Erebinae) é unha subfamilia de insectos lepidópteros, superfamilia dos noctuoideos, pertencente á familia dos erébidos.[1][2]

Son avelaíñas que se encintran en todos os continentes excepto na Antártida, pero alcanzan a súa maior diversidade nas rexións tropicais.[3]

Aínda que non se coñece o número exacto de especies pertencentes aos erebinos, estímase que a subfamilia inclúe ao redor de 10 000.[4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A subfamilia foi descrita en 1815 polo zoólogo inglés William Elford Leach.[1][2]

Tribos[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense na subfamilia as seguintes tribos:[3]

Notas taxonómicas[editar | editar a fonte]

Antes dos recentes estudos filoxenéticos sobre a superfamilia dos noctuoideos, a maioría dos erebinos clasificábanse dentro da subfamilia dos catocalinos, baseándose nunha clasificación proposta por George Hampson a principios do século XX.[5][6] Baseándose en evidencias de estudos de filoxenia molecular, Michael Fibiger e J. Donald Lafontaine,[7] transferiron os erebinos e especies similares dos noctuidos aos erébidos, e instalaron aos erebinos como unha subfamilia. Posteriormente, a dos catocalinos foi considerada como sinónimo dos erebinos nas clasificacións propostas por Lafontaine e Christian Schmidt.[8] e Zahiri et al.[3][9] O estudo máis recente de Zahriri et al. constitúe a base para a definición actual dos erebinos. Sobre a base dun soporte molecular consistente, Zahiri et al. identificaron varias sinapomorfías morfolóxicas para a subfamilia: probóscide con vértice liso e sensilla styloconica dorsal, sétimo esternito abdominal modificado na femia, dividido en dous lóbulos que rodean o ostium bursae (abertura copulatoria feminina). Nas larvas, tubérculos dorsolaterais no segmento A8 e pupas a miúdo cerosas.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Moitas das especies da subfamilia teñen unha envergadura media ou grande (de 7 a 10 cm), que pode chegar até case 30 cm en Thysania agrippina, que ten a envergadura alar máis ancha de todos os lepidópteros.[10]

As eirugas dos erebinos aliméntanse dunha ampla gama de plantas; moitas especies aliméntanse de gramíneas e leguminosas, e algunhas son pragas do rícino,[11] da cana de azucre, o arroz,[12] así como dos pistachos e as amoras.[13]

As avelaíñas dos erebinos posúen unha serie de adaptacións para defendrese dos depredadores. A maioría das especies teñen as ás posteriores de cores con manchas mesturadas para camuflarse na herba e nos troncos das árbores. Nalgunhas, as ás anteriores son de cores crípticas que ocultan ás posteriores de cores vivas que se poden ver de súpeto cando a avelaíña é molestada no seu descanso.[14] Pénsase que a exposición repentina destas cores brillantes sorprende aos depredadores vertebrados, dándolle tempo ás bolboretas para escaparen.[15] Como outros noctuoideos, as avelaíñas dos erebinos poden detectar as chamadas de morcegos ecolocadores ou doutros depredadores que se achegan grazas aos seus órganos auditivos (tímpanos), que son dos máis sensíbeis da superfamilia.[16][17]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Erebinae Leach, 1815 no ITIS. Consultado o 4 de maio de 2021.
  2. 2,0 2,1 Erebinae Leach, 1815 en BioLibcz. Consultado o 4 de maio de 2021.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Zahiri, Reza; Holloway, Jeremy D.; Kitching, Ian J.; Lafontaine, J. Donald; Mutanen, Marko; Wahlberg, Niklas (2012-01-01). "Molecular phylogenetics of Erebidae (Lepidoptera, Noctuoidea)". Systematic Entomology 37 (1): 102–124. 
  4. Kononenko, V. S.; Pinratana, A. (2013). Moths of Thailand Vol. 3, Part 2. Noctuoidea. An illustrated Catalogue of Erebidae, Nolidae, Euteliidae, and Noctuidae (Insecta: Lepidoptera) in Thailand. Bangkok: Brothers of St. Gabriel in Thailand. 
  5. Hampson, G. F. (1913). Catalogue of the Lepidoptera Phalaenae of the British Museum 12. London: Trustees of the British Museum. 
  6. Hampson, G. F. (1913). Catalogue of the Lepidoptera Phalaenae of the British Museum 13. London: Trustees of the British Museum. 
  7. Fibiger, Michael & Lafontaine, J. Donald (2005): "A review of the higher classification of the Noctuoidea (Lepidoptera) with special reference to the Holarctic fauna". Esperiana 11: 27–28.
  8. Lafontaine, Donald & Schmidt, Christian (2010): "Annotated check list of the Noctuoidea (Insecta, Lepidoptera) of North America north of Mexico". ZooKeys 40: 1–239.
  9. Zahiri, Reza; Kitching, Ian J.; Lafontaine, J. Donald; Mutanen, Marko; Kaila, Lauri; Holloway, Jeremy D.; Wahlberg, Niklas (2011-03-01). "A new molecular phylogeny offers hope for a stable family level classification of the Noctuoidea (Lepidoptera)". Zoologica Scripta 40 (2): 158–173. 
  10. "Chapter 32: Largest Lepidopteran Wing Span. The University of Florida Book of Insect Records. Department of Entomology & Nematology UF/IFAS". www.entnemdept.ufl.edu. Arquivado dende o orixinal o 18-08-2011. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  11. Naik, M. I.; Ajith Kumar, M. A.; Manjunatha, M.; Shivanna, B. K. (2010). "Survey for the pests of castor and natural enemies of castor semilooper". Environment and Ecology (Kalyani) 28: 558–563. 
  12. Zilli, A. (2000). "African-Arabian and Asian-Pacific "Mocis frugalis": two distinct species (Lepidoptera: Noctuidae)". European Journal of Entomology 97 (3): 419–426. 
  13. Vázquez, Yadira-Maibeth; Martínez, Ana-Mabel; Valdez, Jorge-Manuel; Figueroa, José-Isaac; Rebollar, Ángel; Chavarrieta, Juan Manuel; Sánchez, José-Antonio; Viñuela, Elisa; Pineda, Samuel (2014). "Life History, Diagnosis, and Parasitoids of Zale phaeograpta (Lepidoptera: Erebidae)". Annals of the Entomological Society of America 107 (1): 170–177. 
  14. Sargent, T. D. (1976). Legion of Night: The Underwing Moths. Amherst: University of Massachusetts Press. ISBN 978-0-8702-3187-2. 
  15. Schlenoff, Debra H. (1985): "The startle responses of blue jays to Catocala (Lepidoptera: Noctuidae) prey models". Animal Behaviour 33 (4): 1057–1067.
  16. Fullard, James H.; Napoleone, Nadia (01-08-2001). "Diel flight periodicity and the evolution of auditory defences in the Macrolepidoptera". Animal Behaviour 62 (2): 349–368. 
  17. Fullard, James H. (01-11-1984). "Acoustic relationships between tympanate moths and the Hawaiian hoary bat (Lasiurus cinereus semotus)". Journal of Comparative Physiology A 155 (6): 795–801. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]