Ephippiorhynchus asiaticus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ephippiorhynchus asiaticus

Macho
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Ciconiiformes
Familia: Ciconiidae
Xénero: Ephippiorhynchus
Especie: Ephippiorhynchus asiaticus

Sinonimia[2]
  • Mycteria asiatica Latham, 1790
  • Xenorhynchus asiaticus (Latham, 1790)

Ephippiorhynchus asiaticus é unha especie de cegoña alta e de pescozo longo e negro que vive no subcontinente indio e sur de Asia cunha poboación separada en Australia. Vive en hábitats de zonas húmidas e preto de campos de certos cultivos como o arroz e trigo onde procura comida capturando unha ampla variedade de presas. As aves adultas de ambos os sexos teñen un pesado peteiro e debuxos de cor branca e negra iridescente, pero hai un dimorfismo sexual na cor do iris do ollo, que nas femias é amarelo e nos machos é escuro. É unha das poucas cegoñas que son fortemente territoriais cando se alimentan e reproducen.[3][4]

Taxonomía e sistemática[editar | editar a fonte]

Macho en Darwin, Australia.

Describiuna por primeira vez John Latham co nome Mycteria asiatica, pero despois foi situada no xénero Xenorhynchus baseándose na súa morfoloxía.[5] Atendendo ás súas semellanzas de comportamento, Kahl[6] suxeriu situar a especie no xénero Ephippiorhynchus, que daquela contiña unha soa especie adicional, a cegoña africana Ephippiorhynchus senegalensis. Esta clasificación destas dúas cegoñas no mesmo xénero foi despois apoiada por datos osteolóxicos e comportamentais,[7] así como datos de hibridación ADN-ADN e do citocromo b.[8] Os xéneros Xenorhynchus e Ephippiorhynchus foron ambos creados ao mesmo tempo, e como primeiro revisor, Kahl[6] seleccionou o segundo como o xénero válido para estas dúas especies. As dúas especies deste xénero son as únicas cegoñas que teñen un marcado dimorfismo sexual na cor do iris ocular.[6]

Recoñécense dúas subespecies: E. a. asiaticus, propia da rexión oriental, e E. a. australis, do sur de Nova Guinea e Australia.[2] Charles Lucien Bonaparte creou o xénero Xenorhynchus en 1855 e situou dúas especies nel: X. indica e X. australis.[9] Este tratamento foi seguido en traballos posteriores,[10][11] pero James Lee Peters na súa obra de 1931 tratounas como subespecies.[12] En 1989, McAllan e Bruce[13] propuxeron elevalas outra vez ao nivel de especie, e usando o novo xénero Ephippiorhynchus de Kahl chamáronlles: E. asiaticus á oriental e E. australis á de Australia e Nova Guinea. Esta recomendación estaba baseada na distribución separada de ambas e en diferenzas na coloración iridescente do pescozo que os autores suxerían que podería reflectir diferentes comportamentos de exhibición. Porén, esta recomendación non se adoptou e os posteriores estudos non atoparon diferenzas consistentes nas cores.[14] As análises das secuencias do citocromo b mitocondrial si atoparon diverxencias xenéticas significativas.[8] A distancia xenética medida entre unha cegoña que se supuña era unha Ephippiorhynchus asiaticus asiaticus e un individuo confirmado de E. a. australis era do 2,1%, moito maior que as distancias xenéticas entre cegoñas individuias da mesma especie. Aínda así, o tratamento conservador como dúas subespecies foi o seguido na lista australiana de fauna de Christidis e Boles.[15]

Descrición[editar | editar a fonte]

Femia adulta en voo no río McArthur no Territorio do Norte de Australia.

É unha ave grande de 129–150 cm de altura cunha envergadura alar de 230 cm.[1] O único peso publicado para esta especie foi o dun só espécime de 4100 g, pero iso é case un 35% menor que a masa media do seu conxénere africano de tamaño similar e moi relacionado E. senegalensis. Por tanto, este espécime medido podería estar no extremo máis baixo do seu intervalo de tamaños ou quizais algo malnutrido.[2][14] O deseño da plumaxe é moi rechamante, e os exemplares novos son distintos dos adultos. Os adultos teñen unha cabeza, pescozo, plumas de voo secundarias e cola iridiscentes negro azuladas brillantes; un píleo marrón cobrizo; un dorso e ventre brancos brillantes; peteiro negro cun bordo superior lixeiramente cóncavo; e patas vermellas brillantes. Os sexos son idénticos excepto en que o iris das femias adultas é amarelo e o dos machos adultos é marrón. Os exemplares novos antes dos seis meses teñen un iris de ton marrón; un peteiro claramente menor e máis recto; unha aparencia acolchada; cabeza, pescozo, parte superior do dorso, ás e cola marróns; ventre branco; e patas negras. Pero cando teñen máis de seis meses presentan unha aparencia moteada especialmente na cabeza e pescozo onde a se desenvolve parcialmente iridiscencia; primarias externas marróns escuras; primarias internas brancas que forman unha mancha a modo de ombreiro cando as ás están pechadas; un peteiro pesado idéntico en tamaño ao dos adultos pero aínda máis recto; e patas de rosa claro a rosa escuro.[16] Igual que a maioría das cegoñas, esta especie voa co pescozo estendido, non retraído como unha graza. En voo parece longa e delgada e unha barra negra percorre as ás brancas (parecéndose algo á cegoña negra migratoria, pero esta ten toda a á negra)[17] con pescozo e cola negros que a fan distintiva.[18][19]

Femia co iris amarelo.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Na India a especie vive no oeste, terras altas centrais e chairas ganxéticas do norte estendéndose cara ao leste polo val de Assam, pero é rara na India peninsular e Sri Lanka.[20][21][22][23] É ocasional no sur e leste de Paquistán, e está confirmada como especie reprodutora nas terras baixas centrais de Nepal.[24][25][26] Espállase polo sueste asiático, por Nova Guinea e a metade norte de Australia.[2][14] Comparada con outras aves acuáticas grandes como as grúas, cullereiros e outras especies de cegoñas, o E. asiaticus é menos abundante en lugares que teñen unha gran diversidade de aves acuáticas grandes.[27][28]

A poboación máis grande desta especie está en Australia, onde se encontra desde o río Ashburton, preto de Onslow, Australia Occidental, a través do norte de Australia ata o noroeste de Nova Gales do Sur. Esténdese polo interior na área de Kimberley ata o sur de Halls Creek; no Territorio do Norte ata Hooker Creek e Daly Waters; e en Queensland ata a área de Boulia e a fronteira con Nova Gales do Sur, con algúns rexistros polo sur ata as chairas do noroeste de Nova Gales do Sur, ao longo da costa de Sidney e anteriormente reproducíanse preto do río Shoalhaven.[29][30] É rara ao longo do extremo sueste da súa área de distribución, pero común polo norte. Estímase que hai unhas 1800 na rexión dos ríos Alligator do Territorio do Norte, cun número global baixo durante as inspeccións realizadas en todas as estacións.[27] Unha combinación de inspeccións aéreas e de recontos en terra na zona media da chaira de inundación do río Fly en Papúa Nova Guinea estimou 317 (decembro de 1994) e 249 exemplares (abril de 1995).[31]

A maior poboación rprodutora coñecida localízase nas terras principalmente agrícolas do sueste de Uttar Pradesh na India.[3] Estimáronse densidades duns 0,099 exemplares por quilómetro cadrado nesta rexión constituída por un mosaico de campos cultivados e zonas húmidas.[28] Atopáronse seis parellas nos 29 km2 do Parque Nacional de Keoladeo.[32] Observouse unha parella reprodutora no distrito de Bhagalpur, no oeste de Bihar.[33]

En Sri Lanka, a especie é un residente reprodutor raro, con 4-8 parellas reprodutoras no Parque Nacional de Ruhuna.[34] É moi rara e posiblemente xa non se reproduce en Bangladesh[35] e Tailandia.[36]

Busca comida en diversos hábitats húmidos naturais e artificiais. Frecuentemente usa hábitats de zonas húmidas de auga doce naturais como lagos, lagoas, marismas, pradeiras inundables, meandros abandonados, pantanos, ríos e prados húmidos.[2][14] Os hábitats de auga doce artificiais que usa inclúen terras en barbeito inundadas e campos de arroz, campos de trigo húmidos, lagoas de almacenamento para a rega e canles, pozas de augas residuais e chairas de inundación secas.[2][14][4] Un pequeno número de exemplares pode verse en zonas húmidas costeiras da India, incluíndo regatos de mangleirais e marismas.[23][37] En áreas cultivadas prefiren as zonas húmidas naturais para buscar comida, aínda que usan preferentemente campos de arroz asolagados durante o monzón, probablemente debido á inundación excesiva de lagos e lagoas.[4] Fai os niños normalmente nas árbores localizadas en sitios apartados das grandes marismas[2][14][32] ou en campos cultivados como na India e terras baixas do Nepal.[26][3][33]

Comportamento e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Esta gran cegoña fai unha exhibición parecida a unha danza. Unha cegoña ponse en fronte da súa parella, ambas estenden as ás e axitan as puntas das ás rapidamente adiantando as cabezas ata que as xuntan. Entón repenican batendo as dúas metades do peteiro e sepáranse. A exhibición dura un minuto e poden repetila varias veces.[38][39]

A construción dos niños na India comenza durante o momento álxido do monzón e a maioría dos niños inícianse en setembro-novembro e uns poucos máis tarde ata como máximo xaneiro.[3] Aniñan en grandes árbores, ás veces illados en grandes marismas ou en terreos agrícolas, nos que constrúen unha plataforma. Nos terreos agrícolas as alteracións humanas poden causar que os adultos nidificantes abandonen os niños nalgúns lugares, pero noutros lugares nidifican con éxito.[3][26][33] O niño é grande, de 0,9 a 1,8 metros de ancho e está feito de paus, ramiñas e forrado con xuncos, plantas acuáticas e por veces lama nas beiras. Poden reutilizar os niños ano tras ano. A deitada de ovos normal é de catro ovos que son de cor branca apagada e de forma oval, pero pode variar desde un a cinco ovos.[17][39] O período de incubación exacto non se coñece pero sospéitase que é duns 30 días. Os polos fan eclosión con penuxe branca que é substituída por outra gris escura no pescozo nunha semana. As plumas escapulares saen primeiro, seguidas das primarias. Os paxaros novos que xa adquiriron a plumaxe adulta fan un son como un chac seguido dunha chamada repetida ui-ui-ui, que ten unha calidade de vetrílocuo.[40] As aves adultas fan quendas no niño e cando un torna ao niño para substituír o outro, realizan unha exhibición de saúdo coas ás abertas e un movemento da cabeza arriba e abaixo.[6] Os adultos traen a comida para os pitos, regurxitándoa sobre a plataforma do niño.[41] Os adultos deixan de alimentar as crías no niño e empezan a mostrar agresión cara a eles cando estes teñen 3 ou 4 meses de idade. Os exemplares novos poden permanecer preto do niño durante un ano, pero dispérsanse axiña. O normal é que nun niño exitoso cheguen a adquirir a plumaxe adulta dun a tres pitos, pero fano ata cinco en anos con moitas chuvias.[3][26][42][43] O número de parellas de cegoñas que crían con éxito, e a media de tamaño dos pitos con plumaxe adulta están fortemente relacionados coas chuvias do monzón e post-monzón, aumentando nos anos con máis chuvias.[43]

En Bharatpur, nas árbores onde nidifican, que son normalmente altas con grandes troncos e larga copa, estas aves competían cos voitres Gyps bengalensis e ás veces non conseguían nidificar por mor dos voitres.[32] Aínda que moitas das especies de aves das zonas húmidas son espaventadas polas aves de presa, estas cegoñas normalmente non se senten intimidadas[44] e poden ser bastante agresivas con outras aves acuáticas grandes como garzas e grúas.[45] Os adultos defenden agresivamente pequenas depresións de augas profundas contra garzotas e garzas (en Malabanjbanjdju no Parqaue Nacional de Kakadu, Australia[46]), e partes secas da zona húmida contra aves acuáticas como os cullereiros e outras especies de cegoñas (no Parque Nacional de Dudhwa, Uttar Pradesh, India[47]).

É unha especie carnívora e a súa dieta comprende aves acuáticas como as galiñolas Fulica,[48][49] añingas,[50] mergullóns pequenos,[23] os patos Spatula clypeata, os xacánidos Hydrophasianus chirurgus,[32] e diversos vertebrados acuáticos, como peixes, anfibios, réptiles[18] e invertebrados como cangrexos e moluscos.[17] Tamén comen ovos e crías de tartarugas. No val do río Chambal foron observados localizando niños da tartaruga Kachuga dhongoka enterrados na area (presumiblemente pola humidade da cuberta de area recente do niño) e comendo os ovos da tartaruga.[51] En Australia, tamén busca comida pola noite para alimentarse das crías que saen dos niños de tartarugas mariñas.[52] As análises do contido estomacal de nove destas cegoñas en Australia mostraron que a súa dieta contén cangrexos, moluscos, insectos (saltóns ou escaravellos), anfibios, réptiles e aves. As cegoñas comeran tamén algúns pequenos cachos de plástico, croios, excrementos de gando e material vexetal.[53] Nas zonas húmidas ben protexidas, tanto en Australia coma na India, estas cegoñas aliméntanse case exclusivamente de peixes,[46][47] pero nos tereos dominados pola agricultura de Uttar Pradesh na India aliméntanse dunha ampla variedade de presas, como peixes, ras e moluscos; obteñen os peixes nas zonas húmidas, as ras das beiravías encharcadas das estradas e os moluscos de canles de irrigación.[54] Aínda que son predominantemente diúrnos, poden alimentarse de noite e sábese que buscan comida nas noites de luar para capturar crías de tartarugas nas praias australianas.[55]

Ás veces voan planando durante as horas de calor ou descansan sobre as patas.[41] Cando son molestados poden estirar os pescozos.[6] O seu comportamento ao beberen consiste en dobrar o corpo co peteiro aberto en auga pouco profunda e tomar culleradas de auga co peteiro cun movemento cara a adiante seguido dun alzamento do peteiro. Ás veces acarrexan auga no seu peteiro para os pitos que están no niño ou mesmo durante a construción do niño ou a etapa de ovo.[6]

Igual que outras cegoñas, son bastante mudas agás no niño, onde poden facer repenicos abrindo e pechando o peteiro rapidamente, baténdoo. Os sons producidos son graves e resoantes e acaban cun curto salaio.[18] Os individuos novos xa con plumaxe adulta poden ás veces chamar desde os niños usando unha serie de asubíos agudos medio trilados, acompañados cunha apertura e tremor das ás. Estas chamadas e comportamento son dirixidos aos adultos e realízanse para solicitar comida, particularmente en anos secos cando as aves novas aparentemente non son quen de atopar comida doadamente por si mesmas.[38][56]

Son principalmente aves non sociais e adoitan verse como aves que están soas, parellas ou grupos familiares.[4] Observáronse bandadas de ata 15 cegoñas en Australia e India, e estas fórmanse posiblemente debido ás condicións locais do hábitat como a seca nas terras húmidas.[16]

Esta cegoña é o hóspede tipo da especie ectoparasita de piollos das aves Ischnocera Ardeicola asiaticus[57] e da especie de trematodos endoparasitos Dissurus xenorhynchi.[58]

Status e conservación[editar | editar a fonte]

É unha especie que vive dispersa e non se atopa en ningures en grandes densidades, o que fai difícil facer unha estimación fiable das poboacións. A pobaoción de Sri Lanka estimouse nuns 50 exemplares, mentres que a especie é moi rara en Tailandia, Myanmar, Laos e Camboxa. Pode estar extinguida na rexión da Sonda. A poboación combinada do sur e sueste asiáticos é de menos de 1000 exemplares. Un estudo de 2011 atopou que a poboación do suroeste de Uttar Pradesh era estable, aínda que as taxas de crecemento da poboación poden declinar co aumento do número de anos secos ou cambios no uso das terras que reduzan permanentemente o número de parellas reprodutoras.[43] Suxeriuse que a poboación australiana é duns 20.000 exemplares, pero a falta de estimacións sistemáticas supón unha ampla variación nas estimacións, que van de 10.000 a 30.000 exemplares. Están ameazadas pola destrución do hábitat, a drenaxe de zonas húmidas pouco fondas, alteración dos niños, sobrepesca, polución, choque contra cables eléctricos e caza.[26][38][59] Porén, as poboacións reprodutoras saudables están en áreas non protexidas e zonas agrícolas intensamente cultivadas (especialmente no sur de Asia) e en áreas de cría de gando (como no nordeste de Australia). Abundan as indicacións na literatura sobre que esta especie require zonas húmidas non alteradas, mais isto parece válido só en áreas onde a caza de animais silvestres é común (como nalgúns países do sueste asiático). Coñécense poucas poboacións reprodutoras con alto éxito reprodtor debido principalmente á falta de traballo de campo.[3] Está avaliada como especie "case ameazada" na Lista Vermella da IUCN.[1]

Na cultura[editar | editar a fonte]

Debuxo dun subadulto feito por Shaikh Zayn-al-Din (c. 1780) realizado para Lady Impey, probablemente baseado nunha ave da casa de feras de Calcuta.

Os mir shikars, cazadores de aves tradicionais de Bihar, India tiñan unha práctica ritual na que un mozo debía capturar viva unha destas cegoñas ou "Loha Sarang" antes de que puidese casar. Unha procesión localizaba a ave e o futuro noivo trataba de capturar a ave cun pau pegañento. A ave acurralada era un feroz adversario. O ritual deixou de realizarse na década de 1920 despois de que un home morrera no proceso.[60] As aves novas eran capturadas nos niños pola súa carne en Assam.[61]

En Australia un mito da creación aborixe describe a orixe do peteiro desta cegoña nunha lanza que se lle lanzou á cabeza do animal.[62] O pobo binbinga a miúdo considera a carne desta ave como tabú e comer a súa carne pode facer que un neno aínda non nacido cause a morte da súa nai. A especie chámanlle "karinji" e é o tótem dun grupo coñecido como pobo karinji.[63]

A diferenza na cor do iris entre os sexos xa foi sinalada en 1865 por A D Bartlett, o superintendente a cargo da colección do Sociedade Zoolóxica de Londres. A semellanza nesta característica coa cegoña africana E. senegalensis foi indicada por Bartlett e comentada por J. H. Gurney.[64] Charles Darwin, que mantiña correspondencia con Bartlett, era coñecedor disto e utilizouno como un dos exemplos de dimorfismo sexual en aves.[65] John Gould no seu libro das aves de Australia de 1865 sinalou que a carne da ave "... tiña sabor a peixe, demasiado potente para admitir que sexa comida por ninguén a non ser un explorador famento."[66]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016). "Ephippiorhynchus asiaticus". p. e.T22697702A93631316. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22697702A93631316.en. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Elliott, A. (1992). "Family Ciconiidae (Storks)". En del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J. Handbook of the Birds of the World 1. Lynx Edicions, Barcelona. p. 463. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Sundar, K.S.G. (2003). "Notes on the breeding biology of the Black-necked Stork Ephippiorhynchus asiaticus in Etawah and Mainpuri districts, India" (PDF). Forktail 19: 15–20. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Sundar, K.S.G. (2004). "Group size and habitat use by Black-necked Storks Ephippiorhynchus asiaticus in an agriculture-dominated landscape in Uttar Pradesh, India". Bird Conservation International 14 (4): 323–334. doi:10.1017/S0959270904000358. 
  5. Peters, J.L. (1931). Check-list of birds of the world. Harvard University Press, Cambridge, Massachusetts. pp. 1–345. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Kahl,M.P. (1973). "Comparative ethology of the Ciconiidae. Part 6. The Black-necked, Saddlebill and Jabiru Storks (genera, Xenorhynchus, Ephippiorhynchus and Jabiru)" (PDF). Condor 75 (1): 17–27. JSTOR 1366532. doi:10.2307/1366532. 
  7. Wood, D.S. (1984). "Concordance between classifications of the Ciconiidae based on behavioral and morphological data". Journal of Ornithology 125 (1): 25–37. doi:10.1007/BF01652936. 
  8. 8,0 8,1 Slikas, B. (1997). "Phylogeny of the avian family Ciconiidae (Storks) based on cytochrome b sequences and DNA – DNA hybridisation distances". Molecular Phylogenetics and Evolution 8 (3): 275–300. PMID 9417889. doi:10.1006/mpev.1997.0431. 
  9. Bonaparte, C.L. (1855). Comptes Rendus hebdomadaires des séances de l'Académie des Sciences, Paris 40. París : Gauthier-Villars. p. 721. 
  10. Gray, George Robert (1871). Hand-list of Genera and Species of Birds in the British Museum. Part 3. British Museum. p. 35. 
  11. Sharpe, R B (1899). A hand-list of the genera and species of birds. British Museum. p. 191. 
  12. Peters, J.L. (1931). Check-list of the birds of the World. Volume 1. Harvard University Press, Cambridge. 
  13. McAllan, I.A.W.; Bruce, M.D. (1989). The birds of New South Wales. A working list. Biocon Research Group, Sydney. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 Hancock, J.; Kushlan, J.A.; Kahl, M.P. (1992). Storks, Ibises and Spoonbills of the World. Academic Press. 
  15. Christidis, L.; Boles, W.E. (2008). Systematics and taxonomy of Australian birds. CSIRO Publishing, Australia. pp. 105–106. ISBN 978-0643065116. 
  16. 16,0 16,1 Sundar, K.S.G.; Clancy, G.P.; Shah, N. (2006). "Factors affecting formation of flocks of unusual size and composition in Black-necked Storks (Ephippiorhynchus asiaticus) in Australia and India". Emu 106 (3): 253–258. doi:10.1071/MU05014. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Whistler, Hugh (1949). Popular handbook of Indian birds (4th ed.). Gurney and Jackson, Londres. pp. 502–503. 
  18. 18,0 18,1 18,2 Rasmussen, P.C.; Anderton, J.C. (2005). Birds of South Asia: The Ripley Guide. Volume 2. Smithsonian Institution & Lynx Edicions. pp. 63–64. 
  19. Baker, E.C.S. (1929). The Fauna of British India, Including Ceylon and Burma. Birds. Volume 6 (2ª ed.). Taylor and Francis, Londres. pp. 326–327. 
  20. Rahmani, A.R. (1989). "Status of the Black-necked Stork Ephippiorhynchus asiaticus in the Indian subcontinent". Forktail 5: 99–110. 
  21. Maheswaran G.; Rahmani, A.R.; Coulter, M.C. (2004). "Recent records of Black-necked Stork Ephippiorhynchus asiaticus in India" (PDF). Forktail 20: 112–116. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de marzo de 2012. 
  22. Abdulali, H. (1967). "On the occurrence of the Blacknecked Stork [Xenorhynchus asiaticus (Latham)] in the Bombay Konkan". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 64 (2): 367. 
  23. 23,0 23,1 23,2 Sundar, K.S.G.; Kaur, J. (2001). "Distribution and nesting sites of the Blacknecked Stork Ephippiorhynchus asiaticus". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 98 (2): 276–278. 
  24. Roberts, T.J. (1991). Birds of Pakistan. Volume 1. Regional studies and non-passeriformes. Oxford University Press, Karachi. pp. 104–105. 
  25. Ghimire, Prashant; Khanal, Chiranjeevi; Bist, Bhuwan Singh; Panthee, Shristee; Sharma, Basanta; Ghimire, Manshanta; Poudyal, Laxman Prasad (2017). "Recent records of Black-necked Storks Ephippiorhynchus asiaticus in Nepal". BirdingASIA 28 (2017): 59–60. 
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 26,4 Jaiswal, Kailash; Kittur, Swati; Sundar, K.S. Gopi (2019). "Confirmed nesting of Black-necked Stork Ephippiorhynchus asiaticus in lowland Nepal". BirdingASIA 31: 88–90. 
  27. 27,0 27,1 Morton, S.R.; Brennan, K.G.; Armstrong, M.D. (1993). "Distribution and abundance of Brolgas and Black-necked Storks in the Alligator Rivers region, Northern Territory". Emu 93 (2): 88–92. doi:10.1071/MU9930088. 
  28. 28,0 28,1 Sundar, K.S.G. (2004). "Effectiveness of road transects and wetland visits for surveying Black-necked Storks Ephippiorhynchus asiaticus and Sarus Cranes Grus antigone in India" (PDF). Forktail 21: 27–32. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de outubro de 2008. 
  29. Marchant, S.; Higgins, P. J. (eds.). Handbook of Australian, New Zealand and Antarctic Birds. Volume 1. Ratites to Ducks. Oxford University Press, Melbourne. 
  30. Bell, H.L. (1963). "Distribution of the Jabiru in south-eastern Australia". Emu 63 (3): 201–206. doi:10.1071/MU963201. 
  31. Halse, S.A.; Pearson, G.B.; Jaensch, R.P.; Kulmoi, P.; Gregory, P.; Kay, W.R.; Storey, A.W. (1996). "Waterbird surveys of the middle Fly river floodplain, Papua New Guinea". Wildlife Research 23 (5): 557–569. doi:10.1071/wr9960557. 
  32. 32,0 32,1 32,2 32,3 Ishtiaq F.; Rahmani, A.R.; Coulter, M.C.; Javed, S. (2004). "Nest-site characteristics of Black-necked Stork (Ephippiorhynchus asiaticus) and Woolly-necked Stork (Ciconia episcopus) in Keoladeo National Park, Bharatpur, India". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 101 (1): 90–95. 
  33. 33,0 33,1 33,2 Choudhary, D.N.; Mandal, J.N.; Mishra, A.; Ghosh, T.K. (2010). "First ever breeding record of Black-necked Stork Ephippiorhynchus asiaticus from Bihar" (PDF). Indian Birds 6 (3): 80–82. 
  34. Santiapillai, C.; Dissanayake, S.R.B.; Alagoda, T.S.B. (1997). "Observations on the Black-necked Stork (Ephippiorhynchus asiaticus) in the Ruhuna National Park, Sri Lanka". Tigerpaper 24: 7–11. 
  35. Khan, M.A.R. (1984). "Conservation of storks and ibises in Bangladesh". Tigerpaper 11: 2–4. 
  36. Round, P.D.; Amget, B.; Jintanugol, J.; Treesucon, U. (1988). "A summary of the larger waterbirds in Thailand". Tigerpaper 15: 1–9. 
  37. Gadhavi, Mayurdan; Kukadi, Devanshi; Gokulakannan, N.; Dar, Shahid; Talukdar, Gautam; Sivakumar, K.; G.V., Gopi (2017). "Records of Black-necked Stork Ephippiorhynchus asiaticus from the coastal areas of the Kutch district of Gujarat, India". Forktail 33: 135–137. 
  38. 38,0 38,1 38,2 Sundar, K.S.G. (2005). "An instance of mortality and notes on behaviour of Black-necked Storks Ephippiorhynchus asiaticus". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 102 (1): 99–101. 
  39. 39,0 39,1 Hume, A.O. (1890). The nests and eggs of Indian birds 2 (2nd ed.). R H Porter, Londres. pp. 265–268. 
  40. McCann, C. (1930). "Nidification of storks". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 34 (2): 579–581. 
  41. 41,0 41,1 Ali, S.; Ripley, S.D. (1978). Handbook of the birds of India and Pakistan 1 (2nd ed.). Oxford University Press. pp. 104–105. 
  42. Sundar, K.S.G.; Deomurari, A.; Bhatia, Y.; Narayanan, S.P. (2007). "Records of Black-necked Stork Ephippiorhynchus asiaticus breeding pairs fledging four chicks" (PDF). Forktail 23: 161–163. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2011. 
  43. 43,0 43,1 43,2 Sundar, K.S.G. (2011). "Agricultural intensification, rainfall patterns, and large waterbird breeding success in the extensively cultivated landscape of Uttar Pradesh, India". Biological Conservation 144 (12): 3055–3063. doi:10.1016/j.biocon.2011.09.012. 
  44. Baral,HS (1995). "Black-necked Stork endangered". Newsletter for Birdwatchers 35 (4): 74–75. 
  45. Banerjee,D.P.; Bavdekar,S.P.; Paralkar,V.K. (1990). "Aggressive behaviour of Blacknecked Storks towards Cranes". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 87 (1): 140. 
  46. 46,0 46,1 Dorfman, E.J.; Lamont, A.; Dickman, C.R. (2001). "Foraging behaviour and success of Black-necked Storks (Ephippiorhynchus asiaticus) in Australia: implications for management". Emu 101 (2): 145–149. doi:10.1071/MU00008. 
  47. 47,0 47,1 Maheshwaran, G.; Rahmani, A.R. (2001). "Effects of water level changes and wading bird abundance on the foraging behaviour of Black-necked storks Ephippiorhynchus asiaticus in Dudwa National Park, India" (PDF). J. Biosci. 26 (3): 373–382. PMID 11568483. doi:10.1007/BF02703747. 
  48. Panday, J.D. (1974). "Storks preying on live birds". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 71 (1): 141. 
  49. Verma, A. (2003). "Feeding association of Marsh Harrier Circus aeruginosus and Black-necked Storks Ephippiorhynchus asiaticus in Keoladeo National Park (Bharatpur, India)". Aquila. 109–110: 47–50. ,
  50. Kannan, R. 1986. Black-necked storks feeding on a darter, Blackbuck, 2(3): 33-34.
  51. Chauhan, R.; Andrews, H. (2006). "Black-necked Stork Ephippiorhynchus asiaticus and Sarus Crane Grus antigone depredating eggs of the three-striped roofed turtle Kachuga dhongoka" (PDF). Forktail 22 (174–175). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de marzo de 2012. 
  52. Whiting, S.D.; Guinea, M.L. (1999). "Nocturnal foraging by the Black-necked Stork Ephippiorhynchus asiaticus on sea turtle hatchlings". Emu 99 (2): 145–147. doi:10.1071/MU99017B. 
  53. Clancy, G.P. (2009). Ecology, conservation and management of Black-necked Stork Ephippiorhynchus asiaticus. Unpublished PhD thesis, University of New England, Armidale, New South Wales, Australia. 
  54. Sundar, K.S.G (2011). "Farmland foods: Black-necked Stork Ephippiorhynchus asiaticus prey items in an agricultural landscape". Forktail 27: 98–100. 
  55. Whiting, S.D.; Guinea, M.L. (1999). "Nocturnal Foraging by the Black-necked Stork Ephippiorhynchus asiaticus on Sea Turtle Hatchlings". Emu - Austral Ornithology (en inglés) 99 (2): 145–147. ISSN 0158-4197. doi:10.1071/MU99017B. 
  56. Comway, M. (1991). "Notes on the behaviour and food-begging calls of a juvenile Black-necked Stork Xenorhynchus asiaticus". Australian Bird Watcher 14 (1): 29. 
  57. Kumar P.; Tandan, B.K. (1971). "The species of Ardeicola (Phthiraptera-Ischnocera) parasitic on the Ciconiidae" (PDF). Bull. Br. Mus. (Nat. Hist.) Entomol. 26 (2): 119–158. 
  58. Wahid, S. (1962). "On a new trematode from a black-necked stork, Xenorhynchus asiaticus". J. Helminthol. 36 (1–2): 211–214. PMID 14004399. doi:10.1017/S0022149X00022495. 
  59. Clancy, G.P. (2010). "Causes of mortality in the Black-necked Stork Ephippiorhynchus asiaticus australis in New South Wales". Australian Field Ornithology 27: 65–75. Arquivado dende o orixinal o 1 de marzo de 2011. 
  60. Grubh, B.R.; Shekar, P.B. (1968). "Blacknecked Stork (Xenorhynchus asiaticus) and the marriage of Mirshikars". Newsletter for Birdwatchers 8 (3): 1–2. 
  61. Barman, R.; Talukdar, B.K. (1996). "Nesting of Blacknecked Stork Ephippiorhynchus asiaticus in Panidihing, Assam". Newsletter for Birdwatchers 36 (5): 95. 
  62. "Emu and the Jabiru". Australian Museum. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2010. 
  63. Spencer, B.; Gillen, F.J. (1904). The northern tribes of central Australia. Macmillan and co, Londres. pp. 197, 614. 
  64. Gurney, J.H. (1865). "A seventh additional list of birds from Natal". The Ibis 7 (3): 263–276. doi:10.1111/j.1474-919X.1865.tb05772.x. 
  65. Darwin, C. (1871). The descent of man and selection in relation to sex 2. John Murray, Londres. p. 129. 
  66. Gould, J. (1865). Handbook to the birds of Australia 2. Publicado polo autor. p. 293. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Maheswaran, G. and Rahmani, A. R. (2002) Foraging behaviour and feeding success of the black-necked stork (Ephippiorhychus asiaticus) in Dudwa National Park, Uttar Pradesh, India. J. Zool. 258: 189–195.
  • Maheswaran, G. (1998) Ecology and behaviour of Black-necked Stork (Ephippiorhynchus asiaticus Latham, 1790) in Dudwa National Park, Uttar Pradesh. PhD thesis, Centre of Wildlife and Ornithology, Aligarh Muslim University, Aligarh, India.
  • Farah Ishtiaq, Sálim Javed, Malcolm C. Coulter, Asad R. Rahmani 2010 Resource Partitioning in Three Sympatric Species of Storks in Keoladeo National Park, India. Waterbirds 33(1):41–49
  • Maheshwaran G, Rahmani AR (2008). "Foraging technique and prey-handling time in black-necked stork (Ephippiorhynchus asiaticus)". Integrative Zoology 3 (4): 274–279. PMID 21396077. doi:10.1111/j.1749-4877.2008.00101.x. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]