Eohippus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eohippus
Rango fósil: Ypresiense
Eoceno

Esqueleto de Eohippus (antes Hyracotherium vasacciensis), Museo de Historia Natural, Washington
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Xénero: Eohippus
(Marsh, 1876)
Especie tipo
Eohippus angustidens
(Cope, 1875)
Sinonimia
  • Eohippus validus
  • Hyracotherium angustidens
  • H. a. angustidens
  • H. a. etsagicum
  • H. vasacciensis
  • H. v. vasacciensis
  • H. cusptidatum
  • H. seekinsi
  • H. loevii
  • Orohippus angustidens
  • Orohippus cuspidatus
  • Orohippus vasacciensis
  • Lophiotherium vasacciense

Eohippus é un xénero extinto fósil de mamíferos ungulados da familia dos équidos.[1] A única especie recoñecida é E. angustidens, a cal tradicionalmente fora considerada unha especie do xénero Hyracotherium. Os seus restos atopáronse en América do Norte e datan do Eoceno temperán, piso Ypresiano.[2]

Descubrimento e clasificación[editar | editar a fonte]

Reconstrución feita por Heinrich Harder
Reconstrución feita por Charles R. Knight

En 1876, Othniel C. Marsh describiu un esqueleto atopado como Eohippus validus, a partir do grego ηώς (eōs, 'mencer') e ιππος (hippos, 'cabalo'), polo que significaría 'cabalo do mencer'. As súas semellanzas co fósil Hyracotherium leporinum descrito previamente por Richard Owen foron sinaladas formalmente nun artigo de 1932 de sir Clive Forster Cooper. Como consecuencia, E. validus foi reclasificado no xénero Hyracotherium, o cal tiña prioridade como nome de xénero, así que Eohippus se considerou sinónimo júnior deste xénero durante bastante tempo. Máis recentemente encontrouse que Hyracotherium era un grupo parafilético de especies, polo que foi dividido e agora este xénero só inclúe a especie H. leporinum de Owen (distinta de Eohippus). Por outra parte, determinouse que E. validus era idéntico a unha especie que xa fora nomeada antes, Hyracotherium angustidens (Cope, 1875), e o nome binomial resultante aceptado é entón Eohippus angustidens.[2]

Tamaño[editar | editar a fonte]

En moitos libros é común que Eohippus sexa descrito como un animal "do tamaño dun pequeno Fox Terrier". Esta antiga analoxía era tan curiosa que mesmo Stephen Jay Gould escribiu un ensaio sobre ela (The Case of the Creeping Fox Terrier Clone, O caso do clon do fox terrier que se arrastraba, recompilado no seu libro Bully for Brontosaurus, ~Afortunado brontosauro), na cal concluíu que Henry Fairfield Osborn, de quen procede a frase, que o describira nun folleto amplamente distribuído, e que era un entusiasta cazador de raposos, fixo unha asociación natural entre os cabalos e os cans que os acompañan.[3] Eohippus mide aproximadamente 30,5 cm de alto ata a cruz,[4] polo que é comparable a un Fox Terrier, que mide uns 33 cm ata a cruz.[5]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. MacFadden, B. J. (2005). "EVOLUTION: Fossil Horses--Evidence for Evolution". Science 307 (5716): 1728–1730. PMID 15774746. doi:10.1126/science.1105458. 
  2. 2,0 2,1 Froehlich, D. J. (2002). "Quo vadis eohippus? The systematics and taxonomy of the early Eocene equids (Perissodactyla)". Zoological Journal of the Linnean Society 134 (2): 141–256. doi:10.1046/j.1096-3642.2002.00005.x. 
  3. Gould, S.J. (1991). Bully for Brontosaurus: Reflections in Natural History, W. W. Norton & Co., 540pp.
  4. "Hyrocotherium (Eohippus)". University of Guelph. 
  5. "Fox Terrier (Vital Stats)". DogTime. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]