Enys Men
Aparencia
| Enys Men | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata |
Enys Men (que en córnico quere dicir "Illa de Pedra")[1] é un filme británico de 2022 escrito, composto e dirixido por Mark Jenkin. Está protagonizado por Mary Woodvine, Edward Rowe, Flo Crowe e John Woodvine. Ambientado en 1973, segue a unha solitaria voluntaria da vida salvaxe (Woodvine) que comeza a vivir situacións de pesadelo mentres reside nunha illa fronte á costa de Cornualla.
Inspirado por lugares emblemáticos de Cornualla como o círculo de pedras de The Merry Maidens, Jenkin filmou "Enys Men" en localizacións en West Penwith na primavera de 2021. Rodouse en película de 16 mm durante o confinamento pola COVID-19 no Reino Unido, e o equipo priorizou ter a menor pegada de carbono posible durante a produción.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mary Woodvine como a voluntaria
- Edward Rowe como o home do bote
- Flo Crowe como a rapaza
- John Woodvine coom o predicador
- Joe Gray como o mineiro
- Loveday Twomlow como o bebé
- Callum Mitchell como enxeñeiro de son
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ritman, Alex (17 de xaneiro de 2020). "‘Bait’ Director Mark Jenkin Sets Horror Movie ‘Enys Men’ With Film4". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2024.