Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña
Lingualingua galega
Xénero(s)entremés
Data de pub.1708
editar datos en Wikidata ]

Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña é unha peza teatral escrita en 1707 por Salvador Francisco Roel.

Características[editar | editar a fonte]

Ramón Mariño Paz, Julio González Montañés e Anxo Angueira na presentación da edición en lingua galega.

A peza representouse na Coruña en 1707. O entremés está enmarcado na Guerra de Sucesión española para celebrar o nacemento do primoxénito de Filipe V e María Gabriela de Savoia que reinaría brevemente como Lois I.[1] É unha obra de teatro breve en verso na que participan seis personaxes populares: tres homes e tres mulleres. Estes reciben a nova, que despois celebran, do nacemento do príncipe herdeiro de Filipe V no contexto histórico da Guerra de Sucesión.

Edicións[editar | editar a fonte]

Imprimiuse en Santiago de Compostela entre 1708 e 1712, co título en lingua castelá de Entremés al feliz y real parto de nuestra Reyna. É o texto máis antigo impreso en lingua galega publicado como obra independente. Foi descuberto por Julio González Montañés e editado, lematizado e etiquetado por Rosario Álvarez e Ernesto González Seoane.[2] En 2019 Laiovento editou o Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña con estudos de Julio González Montañés (edición), Anxo Angueira (literario) e Ramón Mariño Paz (lingua).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. USC (ed.). "O ILG pon á disposición do público un novo corpus lingüístico para o galego". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2018. Consultado o 16 de maio de 2018. 
  2. "Gondomar". ilg.usc.gal. Consultado o 2019-11-27. 
  3. "Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707)". Edicións Laiovento. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]