Enterro natural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Enterramento natural»)
Un sepulcro natural. O paisaxismo existente modifícase o menos posible e só se permiten marcas de pedra.

O enterro natural é o enterramento dunha persoa morta no chan, por exemplo no solo dun bosque habilitado para ese fin, dun xeito que non inhibe a descomposición e permite reciclar o corpo de forma natural. É un método de enterro alternativo a outros costumes funerarios occidentais contemporáneos.

Motivación[editar | editar a fonte]

O corpo prepárase sen conservantes químicos nin desinfectantes como o fluído embalsamador, xa que estes destrúen os microbios que descompoñen o cadáver, para non contaminar o chan. Pódense utilizar materiais biodegradables como cadaleito ou sudario, pero nunca unha bóveda de enterramento que impida o contacto do corpo coa terra. A fosa debe ser pouco profunda para permitir a actividade microbiana, semellante ao compost. Os enterros naturais poden realizarse en propiedade privada (suxeitos a lei) e en calquera cemiterio que permita a técnica.

A finalidade é evitar os danos ambientais causados polas técnicas convencionais, pero algúns dan un paso máis e buscan restaurar o hábitat autóctono e salvar así as especies ameazadas.[1] Estas técnicas chámanse "enterros de conservación". Ademais, outros propuxeron borrar os rastros humanos da zona e deixala para a permacultura a perpetuidade.

A primeira regulación oficial dos enterramentos naturais fíxose nos Estados Unidos, pero xa se utilizaron antes no Reino Unido e a práctica coincide coa que usaban na antigüidade case todas as culturas.[2] [1]

Vantaxes fronte ao enterramento convencional[editar | editar a fonte]

Cada ano, 22.500 cemiterios estadounidenses enterran aproximadamente:

  • 70.000 de cadaleitos de madeira dura .
  • 90.272 toneladas de cadaleitos de aceiro.
  • 14.000 toneladas de bóvedas de aceiro.
  • 2.700 toneladas de cadaleitos de cobre e bronce.
  • 1.636.000 toneladas de bóvedas de formigón armado.
  • 3.130 m³ de fluído de embalsamamento, que normalmente inclúe formaldehido.[3]

O formaldehido usado para o embalsamamento desintegra a madeira, os produtos químicos son liberados no chan e o chan vólvese inerte. Ademais, a exposición dos traballadores do tanatorio ao produto químico é canceríxena.[4] [5]

Os cofres están feitos de diversos materiais, a maioría deles non biodegradables (o 85% son de aceiro estampado e madeira maciza), e a cola necesaria para adherir os detalles metálicos contén formaldehido. Ambos compoñentes producen contaminación directa no terreo, o que o fai infértil.

Pola súa natureza, este tipo de enterramento é a práctica funeraria máis económica de todas: non implica a compra dun cadaleito, o pago dunha taxa ao cemiterio nin o achegamento aos gastos dunha cremación.[6] [7] [8] [9] [10] [11]

Debido ao alto nivel de contaminación dos cemiterios comúns e, sobre todo, ao espazo terrestre que requiren, a tendencia actual de futuro son os "cemiterios naturais": lugares nos que só descansan os defuntos por enterramento natural.

Lápidas[editar | editar a fonte]

Seguindo a filosofía do enterramento natural, utilízanse unha variedade de métodos non contaminantes como lápidas, pero agora estase facendo popular rexistrar as coordenadas no GPS e non usar marcadores físicos.[7] Antes usaban madeira ou pedras e aínda é habitual plantar unha árbore de cores para simbolizar un monumento vivo.

Prácticas alternativas[editar | editar a fonte]

No mundo existen outros métodos que se diferencian segundo a cultura, pero que buscan o mesmo obxectivo: a harmonía coa natureza.

Enterro no ceo[editar | editar a fonte]

No Tíbet e Mongolia, os familiares levan os restos do falecido a unha montaña: seccionanos e déixaos ao aire libre para servir de alimento aos voitres. O enterro do ceo ou enterro celestial[12] é unha práctica sagrada no budismo.[13]

Enterro no mar[editar | editar a fonte]

O enterro no mar só é bo se se fai co corpo nun sudario ou outro pano lixeiro (como unha bandeira) e sen formaldehido nin outros produtos químicos, que permitan o seu consumo polos animais.[14]

Lugares famosos[editar | editar a fonte]

O enterro natural practicouse dende hai miles de anos, seguramente foi o primeiro e unha fosa común sempre utiliza esta práctica. A invención das criptas, sarcófagos e tumbas é posterior, os mausoleos son modernos e todo.

No século XIX, Francis Seymour Haden, a través dun folleto, volveu "popularizar" o enterramento natural no Reino Unido (hoxe está permitido en todo o Estado) e desde alí estendeuse por todo o mundo, principalmente naqueles países de influencia anglosaxoa. O folleto explicaba como as prácticas funerarias actuais mitigan o proceso de descomposición e un cadáver podrecido contamina o aire e a terra.

Reino Unido[editar | editar a fonte]

Utilízanse bosques con árbores densas e coloridas, a práctica aumentou masivamente desde 1993 e calcúlase que hai máis de 300 "cemiterios naturais".[15]

Hai un gran número de cemiterios naturais en Australia, pero o máis destacado é o Lake Macquarie Memorial Park na cidade do mesmo nome, que se atopa dentro dunha reserva natural.[16]

EUA[editar | editar a fonte]

Hai dous cemiterios naturais famosos en California: Purissima Cemetery en Half Moon Bay e Fernwood Cemetery; que ten 130.000 m², prohibe as lápidas e está situado en Mill Valley.[17]

Debido ao videoxogo Silent Hill, o Joshua Small Cemetery en Maine (o estado onde se atopa a cidade ficticia) é mundialmente famoso. Trátase dun terreo de 150 hectáreas preto dun lago, rodeado de camiños rochosos e cuberto de extensas árbores, cuxos enterramentos naturais máis antigos datan de 1800 e que aparecen en Silent Hill 2 (2001).[18]

Na relixión[editar | editar a fonte]

A lei xudía prohibe embalsamar o corpo e considérao unha profanación. Simplemente lávase o defunto, envólvese en liño ou muselina e colócase nun cadaleito de madeira que non debe ter metal. Adoita ter buratos no fondo para acelerar a descomposición dos restos. Non se usan bóvedas de enterramento (salvo que o requira o cemiterio) e en Israel os xudeus son enterrados sen cadaleito: só envoltos.

A lei islámica indica que o cadáver debe ser lavado e enterrado só envolto en pano branco, para preservar a dignidade.[19]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Nas grutas vaticanas (lugar onde están enterrados os papas), Paulo VI, finado en 1978, é o único que foi enterrado en solo natural: tal e como dispuxo no seu testamento.

A serie da HBO Six Feet Under, contou con enterro natural na súa última tempada (2005).

Na serie Prison Break, Season Two (2006), o pai de Michael Scofield ten un enterro natural.

O documental A Will for the woods (2014), explora o enterro natural a través da última vontade dun home enfermo en Carolina do Norte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Holden, Matthew H.; McDonald-Madden, Eve (2018). "Conservation from the Grave: Human Burials to Fund the Conservation of Threatened Species" (en inglés) 11: n/a. ISSN 1755-263X. doi:10.1111/conl.12421. 
  2. Harker, A (2012). "Landscapes of the Dead: An Argument for Conservation Burial." (PDF) 25: 15–159. doi:10.5070/bp325111923. 
  3. O fluído de embalsamamento cambia químicamente no acto de preservar o corpo e non está presente en gran medida como fluído. Esta figura refírese ao fluído de embalsamamento antes de ser introducido no corpo.
  4. "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-03-17. Consultado o 2009-03-05. 
  5. Thadeusz, Frank (2008-01-07). "Germany's Tired Graveyards: A Rotten Way to Go? – SPIEGEL ONLINE – News – International". Spiegel Online (Spiegel.de). Consultado o 2011-06-13. 
  6. "Sustainable caskets designed for end of life". Plastics Today (en inglés). 2015-11-09. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 07 de setembro de 2022. 
  7. 7,0 7,1 "Green burial movement advocates alternative to conventional interment". Gazettenet.com (en inglés). 
  8. "Eco-Afterlife: Green Burial Options". scientificamerican.com (en inglés). 
  9. "Coffin-maker resurrects tradition" (en inglés). 2001-12-28. Consultado o 2022-09-07. 
  10. "Dying Sustainably". thelinknewspaper.ca. 
  11. "#nocoffin: the natural death movement". 2015-11-27. 
  12. Juca, Alien (2014-02-26). "Sepultamento celestial no Tibete (AVISO: não recomendado para pessoas impressionáveis)". Mundo Gump (en portugués). Consultado o 2022-09-07. 
  13. "How Sky Burial Works". 2011-07-25. 
  14. "What Happens when You're Buried at Sea?". motherjones.com. 
  15. Carlisle City Council. "The History of Carlisle Cemetery". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 3 de maio de 2012. 
  16. "Natural Memorial Reserve" (en inglés). Consultado o 2017-08-15. 
  17. Ed Bixby. "Purissima Cemetery". steelmantowncemetery.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2022. Consultado o 2020-09-14. 
  18. "Cedar Brook Burial Ground". mainegreencemetery.com. Consultado o 2014-01-25. 
  19. "Five laws about the dead that may spook you". Queen's University Belfast. 2016-12-21. Consultado o 23 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]