Entamoeba gingivalis
Entamoeba gingivalis | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Entamoeba gingivalis nunha bolsa periodontal nun caso de periodontite.[1] | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Nome binomial | |||||||||||
'Entamoeba gingivalis' Gros, 1849 |
Entamoeba gingivalis é un protista oportunista, que vive na boca humana e segundo algúns autores pode contribuír a causar enfermidades periodontais e abscesos pulmonares.[2][3][4] Foi a primeira ameba que foi descrita no corpo humano.
Encóntrase na boca[5] e vive nos biofilmes que se forman nas bolsas periodontais e preto da base dos dentes.[1] E. gingivalis encóntrase no 95% das persoas que teñen periodontite pero só raramente nas persoas con enxivas sas.[6][7] Non forma quistes, e a súa transmisión é directa dunha persoa a outra ao bicarse, ou compartir utensilios para comer ou beber. Só forman trofozoítos, que normalmente teñen un tamaño de 20 a 150 micrómetros de diámetro. E. gingivalis forma pseudópodos que usa para moverse rapidamente e para fagocitar. Na boca na periodontite fagocita os núcleos dos leucocitos neutrófilos polimorfonucleares (PMN) por un proceso chamado exonucleofaxia, o que favorece a enfermidade periodontal, ao liberaren os neutrófilos anucleados os seus encimas proteolíticos, que danan así os tecidos da enxiva.[8] O núcleo esferoidal desta ameba mide entre 2 e 4 micrómetros de diámetro e ten un pequeno endosoma central. A ameba contén numerosos vacúolos alimenticios, nos que hai principalmente núcleos de neutrófilos, células sanguíneas e bacterias que foron fagocitados.
Actividade
[editar | editar a fonte]A principal actividade de E. gingivalis nos intersticios periodontais infectados, ademais de moverse, consite en alimentarse do núcleo dos leucocitos. A ameba penetra no citoplasma do leucocito para alcanzar o núcleo e literalmente succiónao por medio dunha presión negativa dos seus pseudópodos. Este alimento é englobado dentro da ameba nun vacúolo e gradualmente é dixerido no seu endoplasma. A fagocitose pode ás veces continuar ata fagocitar 20 núcleos de leucocitos polimorfonucleares seguidos. Esta actividade deixa o leucocito sen núcleo e incapaz de realizar a súa actividade de trampa extracelular de neutrófilos (NETS) ou a súa apoptose preprogramada, e fai que libere de forma incontrolada os encimas proteolíticos que contén nos tecidos que o rodean, causando danos. Por causa desta actividade nociva a bacteria considérase un patóxeno.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Bonner, M., Amard, V., Bar-Pinatel, C., Charpentier, F., Chatard, J.-M., Desmuyck, Y., Ihler, S., Rochet, J.-P., Roux de La Tribouille, V., Saladin, L., Verdy, M., Gironès, N., Fresno, M. & Santi-Rocca, J. 2014: Detection of the amoeba Entamoeba gingivalis in periodontal pockets. Parasite, 21, 30. doi 10.1051/parasite/201402 . PMID 24983705. PMC 4077299.
- ↑ Jian, B.; Kolansky, A.; Baloach, Z.; Gupta, P. (2008). "Entamoeba gingivalis pulmonary abscess - Diagnosed by fine needle aspiration". CytoJournal 5: 12. doi:10.4103/1742-6413.43179. PMC 2669679. PMID 19495399.
- ↑ Lyons T. et al. "Oral amoebiasis: a new approach for the general practitionner in the diagnosis and the treatment of periodontal disease." in Oral Health, 70: 39-41, 108, 110, October 1980.
- ↑ Lyons T. Introduction to protozoa and fungi in periodontal disease. Trevor Lyons publications, Ontario, Canada 1989. ISBN 0-9693950-0-0
- ↑ Prieto-Prieto, J.; Calvo, A. (2004). "Microbiological basis of oral infections and sensitivity to antibiotics". Medicina oral, patologia oral y cirugia bucal. 9 Suppl: 15–18; 11–18. PMID 15580129.
- ↑ Kofoid, C.A., Hinshaw, H.C., Johnsotne, H.G., Animal parasites of the mouth and their relation to dental disease. Journal of the American Dental Association 1434-1455, August 1929.
- ↑ Trim, Robert D.; Skinner, Michael A.; Farone, Mary B.; DuBois, John D.; Newsome, Anthony L. (2011) Use of PCR to detect Entamoeba gingivalis in diseased gingival pockets and demonstrate its absence in healthy gingival sites.
- ↑ Bonner M. To Kiss or Not to Kiss. Amyris Editions, 2013 EAN : 978-28755-2016-6
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Roberts L. e Janovy J. Foundations of Parasitology. The McGraw-Hill Companies. Nova York. 2005: 114-115