Enrique Xabier Macías Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique X. Macías Alonso
Nome completo Enrique Xerardo Macías Alonso
Data de nacemento 1958
Lugar de nacemento Vigo
Data de falecemento 4 de novembro de 1995 (37 anos) [1]
Lugar de falecemento Vigo
Premios #
editar datos en Wikidata ]

Enrique Xerardo Macías Alonso, nado en Vigo en 1958 e finado ibídem o 4 de novembro de 1995, foi un compositor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Autodidacta, compuxo a súa primeira obra, Poema de réquiem (1979), con texto de Celso Emilio Ferreiro.

As súas obras foron gravadas para Radio Nacional de España e radios de Finlandia, Holanda, Francia e Bélxica e estreadas en encontros e festivais nacionais e internacionais de música contemporánea e noutros dedicados á composición experimental.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

A súa meticulosidade e nivel de exixencia levouno a destruír as composicións feitas antes de 1980, porén, e a pesar do seu prematuro pasamento, deixou un dilatado legado.[1]

  • Foglio I (1981) (3').
  • Souvenir nº 1 (1982) (6' 30).
  • Souvenir nº 2 (1983) (9').
  • Langsam (1985) (4').
  • Morgengesang III (1986) (17').
  • Portrait du matin (1986) (16' 48).
  • Tránsito (1987) (26').
  • Les adieux (1983-88) A (I, II, III e IV) (34').
  • Les adieux (1983-88) B (I, III e IV) (25).
  • La lyre du désert (1988) (18').
  • Sonata (1986-89) (25').
  • Clare I (1989) (19').
  • Nobililissima Visione I (1988-89, rev. 1990) (20').
  • Extracto (1989-90) (17').
  • Nobililissima Visione II / Postludios (1988-91) (37').
  • Postludios (1991) (17').
  • Duplo (1991) (24').
  • Cadencias e Interludios / Percurso I (1989-92) (ca 25').
  • La chambre dans l' espace (1992-93) (11').
  • Adhuc (1992-93) (16').
  • Iubilaeum (1993) (22' 35).
  • Estrofas (1993) (10').
  • Alias (1993-94) (15').
  • Exequias (1992-94) (ca 47').
  • Itinerario de luz (1994-95).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Premio da Tribuna Internacional Gaudeamus en 1981 por Polifonías I (1980-81).

Premio Cristóbal Halffter de Composición para Órgano en 1983 por Afónica (1983).

Premio da Tribuna de Jóvenes Compositores da Fundación Juan March por Souvenir nº I (1982) en 1983 e por Adieux (1983) en 1984.

Premio do Concurso de Composición da Joven Orquesta Nacional de España en 1984 por Nachtmusik III (1983).

Premio da Crítica Galicia en 1987[3]

Unha rúa peonil de Vigo leva o nome Enrique Xabier Macías.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]