Henrique Tello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Enrique Tello»)
Henrique Tello León

1989 – 2011
Precedido por -
Sucedido por Xosé Manuel Carril


Primeiro Tenente de Alcalde no Concello da Coruña
2007 – 2011
Precedido por Carmen Marón
Sucedido por Julio Flores

Concelleiro de Turismo e Promoción Económica do Goberno Municipal da Coruña
2007 – 2011
Precedido por -
Sucedido por Luisa Cid

Concelleiro na Corporación Municipal da Coruña
1995 – 2011

16 de novembro de 1993 – 4 de xuño de 2002

Datos persoais
Nacemento 24 de outubro de 1951 (72 anos) Corcubión, Galicia Galicia
Partido Bloque Nacionalista Galego (até 2012)
Profesión Profesor, político

Na rede
Dialnet: 2297483

Xosé Henrique Rafael Tello León, nado en Corcubión o 24 de outubro de 1951, é un profesor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía e Letras pola USC. Foi secretario nacional da Unión de Traballadores do Ensino de Galicia (1978-1983). Militante do BN-PG dende 1979 e do BNG desde a súa fundación. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 1993.[1] Foi concelleiro no concello da Coruña dende 1995. Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 1997 e 2001.

En xuño de 2002 deixou o escano no Parlamento para dedicarse en exclusiva ao labor de portavoz do BNG no concello da Coruña.[2]

En 2007 é nomeado tenente de alcalde de Turismo e Promoción Económica tras perder a maioría absoluta o PSdeG-PSOE nas eleccións municipais dese mesmo ano.

Crítico coa liña maioritaria do BNG, en 2010 perdeu o liderado da organización na Coruña en favor de Xosé Manuel Carril, polo que non se presentaría ás eleccións municipais de 2011[3]. Após a súa etapa no Concello retomou a súa actividade docente no IES de Elviña. En 2012, xunto con Mario López Rico e Margarida Vázquez anunciou a súa baixa no BNG[4].

Obra[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]