Enrique Plá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Plá
Enrique Pla y Deniel.jpg
Nacemento 19 de decembro de 1876
  Barcelona
Falecemento 5 de xullo de 1968
  Toledo
Soterrado Catedral de Santa María de Toledo
Nacionalidade España
Relixión Igrexa católica
Ocupación teólogo e sacerdote
Premios collar of the Order of Isabella the Catholic‎ e Grand Cross of the Imperial Order of the Red Arrows
editar datos en Wikidata ]

Enrique Plá Deniel (Barcelona 1876 - Toledo 1968) foi un eclesiástico español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou filosofía, teoloxía e dereito canónico. Ordenouse en 1900 en Barcelona, foi profesor do Seminario de Barcelona, bispo de Ávila entre 1918 e 1935. Presidente de Acción Católica, foi un dos impulsores de Acción Popular. Nomeado bispo de Salamanca en 1935, tras a sublevación contra a República cedeu a Franco o seu palacio episcopal e escribiu a carta pastoral, Las dos ciudades, onde xustificaba a rebelión de Franco, e que constituíu a fundamentación teolóxica do que denominou Cruzada.

En 1941, tras ser nomeado arcebispo de Toledo, converteuse en primado de España e en 1946 o papa nomeouno cardeal. Procurador en Cortes e membro do Consello do Reino e do de Rexencia. En 1960 deu o seu apoio a membros de Acción Católica que reclamaban o seu dereito a participar en folgas e pouco tempo despois Plá dimitiu dos seus cargos políticos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.