Enrique Pérez Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Enrique Pérez Losada
 O Saviñao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Enrique Pérez Losada, nado no Saviñao, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ramón Pérez Vispo, republicano perseguido por militar no PSOE e na UGT. Coa morte do ditador afiliouse ao PSOE. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía do Saviñao e foi elixido alcalde co apoio do concelleiro do BN-PG. Nas municipais de 1983 volveu encabezar a candidatura do PSdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1987 a pesar de gañar as eleccións, non obtivo a maioría absoluta e os concelleiros do PPdeG, para evitar a súa reelección, votaron polo concelleiro nacionalista Xosé Manuel Rodríguez Martínez, que resultou elixido alcalde. Continuou encabezando a lista socialista ata 1999 e en 2001 deixou o cargo de concelleiro e a actividade política.


Predecesor:
?
 Escudo do Saviñao.svg
Alcalde do Saviñao
 
1979 - 1987
Sucesor:
Xosé Manuel Rodríguez Martínez

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]