Saltar ao contido

Enrique Devesa Turia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnrique Devesa Turia
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1920 Editar o valor en Wikidata
A Fonsagrada Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xaneiro de 2016 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Procurador nas Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata

Arquivo Histórico de Deputados: 30710

Enrique Devesa Turia, nado na Fonsagrada o 26 de febreiro de 1920 e finado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 2016, foi un médico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo o bacharelato no Instituto de Lugo. Cursou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e foi xefe do SEU. Profesor axudante da Facultade de Medicina da USC, foi despois profesor de Patoloxía cirúrxica. Estivo pensionado para cursar estudos de Anestesioloxía e reanimación na Universidade de Oxford. Presidente da asociación de Cabezas de Familia, foi concelleiro de Santiago de Compostela e tenente alcalde. Deputado polo Terzo de Cabezas de Familia na Coruña, foi procurador en Cortes (1967-1971).[1] Foi médico anestesista da Seguridade Social en Santiago de Compostela ata a súa xubilación en 1990.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Isabel Pérez Bobillo e foi pai de María del Pilar, Enrique, Jorge, Carlos, Óscar, Isabel e Beatriz Devesa Pérez-Bobillo.

  1. ↑ La Noche, 11-10-1967, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]