Enrique Díaz Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique Díaz Varela
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata
Cundíns, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de outubro de 2019 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Alcalde de Cabana de Bergantiños
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , taxista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Enrique Díaz Varela, nado en Cundíns (Cabana de Bergantiños) en 1960 e finado o 4 de outubro de 2019, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Taxista. Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro en Cabana de Bergantiños pola CPG que encabezaba o alcalde Manuel Fariña Suárez, o cal logrou unha ampla maioría absoluta de 10 concelleiros de 13. Nas municipais de 1991 o grupo de goberno presentouse polo PSdeG-PSOE e revalidou a vitoria con 9 concelleiros. Nas municipais de 1995 o PPdeG arrebátalles a alcaldía ó lograr maioría absoluta, porén, en 1999 os populares perden esa maioría, e Fariña e o PSdeG recuperan o goberno da man dun pacto co BNG.

Tralo falecemento de Fariña en xuño de 2000, foi elixido como novo alcalde e continuou o goberno de coalición co BNG. Nas municipais de 2003 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que recuperou a maioría absoluta. Volveu ser candidato socialista en 2007, 2011 e 2015 sen conseguir recuperalo goberno, se ben na última ocasión consigueu recortar distancias cos populares. Foi asesor dos socialistas na Deputación da Coruña[1]. Retirouse da primeira liña política en 2019, falelcendo ós poucos meses, o 4 de outubro.


Predecesor:
Manuel Fariña Suárez
 
Alcalde de Cabana de Bergantiños
 
2000 - 2003
Sucesor:
José Muíño Domínguez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrevista en La Voz de Galicia Carballo, 4-5-2011 p.9

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras páxinas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]