Enrique Álvarez Sanjuán
Enrique Álvarez Sanjuán | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nacemento | 20 de xullo de 1975 | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Altura | 1.80 metros | ||
Posición | defensa | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Enrique Álvarez Sanjuan, máis coñecido como Quique Álvarez, nado en Vigo o 20 de xullo de 1975, é un futbolista galego. Xoga de defensa e actualmente atópase sen equipo. É fillo do tamén futbolista Quique Costas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que que naceu en Galicia, pasou a súa infancia en Barcelona debido a que seu pai foi contratado polo FC Barcelona. Formouse coma futbolista nas categorías inferiores do FC Barcelona, equipo co que chegou a disputar un encontro na primeira división na tempada 1995-96. Na súa etapa coma xogador no Barcelona B chegou a coincidir con seu pai coma adestrador do segundo equipo do FC Barcelona. Tras xogar varios anos no filial barcelonista xogou a tempada 1997-98 no CD Logroñés, tamén da segunda división. Ao ano seguinte foi contratado pola UE Lleida equipo da mesma categoría no que xogou dúas tempadas. No equipo da Terra Ferma tivo coma adestrador a Víctor Muñoz, quen ao ser contratado polo Villarreal CF tralo seu ascenso a primeira, conseguiu que Quique fose contratado polo equipo da Plana Baixa.
No Villarreal CF estivo un total de sete tempadas na primeira división, disputando un total de 187 partidos, sendo o segundo xogador que máis partidos disputou coa camisola amarela en primeira división, e só superado por Rodolfo Arruabarrena. No Villarreal CF chegou a ser un dos capitáns do equipo e no partido da 37ª xornada da tempada 2006-07, recibiu a insignia do club pola súa traxectoria. O seu contrato co Villarreal CF rematou o 30 de xuño de 2007 e non foi renovado. Tras ficar ceibe, foi contratado polo Recreativo de Huelva a petición do técnico do equipo andaluz Víctor Muñoz, quen xa dirixiu a Quique Álvarez no Logroñés, Lleida e Villarreal CF.
Clubs[editar | editar a fonte]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- 2 Intertoto (2003 e 2004).
- Semifinalista da Copa da UEFA (2004).
- Semifinalista da Copa de Europa (2006).