Enodio de Pavía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Enodio de Pavía
Nacemento473
 Arles
Falecemento17 de xullo de 521
 Pavía
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónescritor, sacerdote e poeta
editar datos en Wikidata ]

Enodio de Pavía (en latín, Magnus Felix Ennodius), nado en 473 en Arles[1] (Galia) e finado o 17 de xullo de 521 en Pavía, foi un relixioso e escritor latino da época final do Imperio Romano, recoñecido como santo pola Igrexa católica, a súa festa celébrase o 17 de xullo,[2] e tamén foi recoñecido como Pai da Igrexa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os visigodos confiscaron o patrimonio familiar e perdeu de moi novo a seus pais polo que marchou a Pavía ou Milán, na Italia setentrional, onde foi educado por unha tía.[1] Dedicado á relixión, entrou nun convento e no 511 era bispo de Pavía. No 514 o papa Hormisdas I enviouno a Constantinopla xunto con outros bispos para combater os avances da herexía eutiquiana, pero non vai ter éxito porque o emperador apoiaba as teses eutiquianas. Volveu o 517 xunto con Peregrino, bispo de Misenum levando unha confesión de fe que as igrexas orientais habían de subscribir pero o emperador Anastasio I vainos botar fóra nun navío en mal estado coa prohibición de tocar terras do Imperio, aínda así conseguiu chegar a lugar seguro e volver á súa diocese onde morreu o 17 de xullo de 521.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Epistolarum ad Diversos Libri IX. Colección de 497 cartas.
  • Panegyricus Theodorico regi dictus. Discurso dirixido ao rei Teodorico o Grande, probablemente o 507, unha das principais fontes do reinado deste rei.
  • Libellus adversus eos qui contra synodum scribere praesumserunt (503).
  • Vita beatissimi viri Epiphanii Ticinensis episcopi. Biografía de San Epifanio, o seu predecesor na sede de Pavía, morto o 496.
  • Vita beati Antonii monachi Livinensis.
  • Eucharisticum de vita.
  • Paraensis didascalica ad Ambrosium et Beatum.
  • Praeceptum de cellulanis episcoporum.
  • Petitorium quo Gerontius puer Agapiti absolutus est.
  • Cerei paschalis benedictiones duae.
  • Orationes (28 declamacion, 6 sacrae, 7 scholasticae, 10 controversias, e 5 ethicae).
  • Carmina. Colección de poemas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Sánchez (2007), p. 8
  2. Gross, Ernie (1990). This Day In Religion (en inglés). Nova York: Neal-Schuman Publishers, Inc. ISBN 1-55570-045-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sánchez Salor, Eustaquio (2007). "Introducción general". Ennodio: Obra miscelánea. Declamaciones. Col. Biblioteca Clásica Gredos (en castelán). Madrid: Gredos. pp. 7–41. ISBN 978-84-249-2865-0.