Enfoque das capacidades
| Enfoque das capacidades | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
O enfoque das capacidades (en inglés: Capabilities approach) é unha aproximación normativa ao benestar humano que se centra nas capacidades reais das persoas para alcanzar unha vida que valoren, no canto de atender só á posesión de dereitos e liberdades.[1] Foi desenvolvido na década de 1980 como unha alternativa á economía do benestar.[2]
Os seus creadores, Amartya Sen e Martha Nussbaum, combinaron unha serie de ideas tradicionalmente excluídas das perspectivas tradicionais, ou que non eran tratadas de xeito adecuado. O núcleo do enfoque das capacidades é mellorar o acceso das persoas ás ferramentas que necesitan para vivir unha vida satisfactoria.[1][3] Xa que logo, ten fortes conexións coa sustentabilidade.[4]
Avaliación das capacidades
[editar | editar a fonte]
Nos seus primeiros traballos, Sen estableceu 5 compoñentes para a avaliación as capacidades:
- A importancia das liberdades efectivas na avaliación das vantaxes dunha persoa.
- As diferenzas individuais na habilidade para transformar os recursos en actividades de valor.
- A natureza múltiple e variada das actividades que conducen ao benestar.
- Un equilibrio entre os elementos materiais e non materiais na avaliación do benestar humano.
- A preocupación pola distribución de oportunidades na sociedade.
Posteriormente, en colaboración coa filósofa Martha Nussbaum e os economistas Sudhir Anand e James Foster, Sen traballou para impulsar o enfoque das capacidades como paradigma para a elaboración de políticas públicas nos debates sobre o desenvolvemento humano. Estes esforzos levaron á creación do Índice de Desenvolvemento Humano das Nacións Unidas (un sistema moi popular para medir o desenvolvemento humano que mide as capacidades para a saúde, a educación e os ingresos). Ademais, o enfoque foi adaptado tamén para países cun PIB elevado por Paul Anand e os seus asociados.[5][6] Así mesmo, Sen fundou a Human Development and Capability Association en 2004 para fomentar o debate, a formación e a investigación neste ámbito. Dende entón, o enfoque das capacidades foi tema de reflexión nos eidos da teoría política, a filosofía e moitas ciencias sociais, incluídas as interesadas na saúde humana.
Este enfoque céntrase nas capacidades funcionais ou liberdades substantivas, como poder vivir até unha idade provecta, realizar transaccións económicas, ou participar en actividades políticas. Estas capacidades fundaméntanse en liberdades que as persoas valoran, no canto de na utilidade (felicidade, obtención do que se desexa ou escolle) ou no acceso aos recursos (ingresos, bens, activos). Unha perspectiva sobre o benestar centrada na utilidade é a do utilitarismo, namentres o acceso aos recursos é típico da xustiza como equidade propugnada por John Rawls.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Robeyns 2016.
- ↑ Sen 1985.
- ↑ Sen 2001, p. 291.
- ↑ Hartmann 2025.
- ↑ Anand et al. 2009.
- ↑ Anand, Santos & Smith 2009, pp. 283-310.
- ↑ Stuart Mill 2015.
- ↑ Rawls 1999.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anand, Paul; Carter, Ian; Dowding, Keith; Guala, Francesco; Hunter, Graham; Van Hees, Martin (2009). "The development of capability indicators" (PDF). Journal of Human Development and Capabilities (en inglés) 10 (1): 125–152. doi:10.1080/14649880802675366.
- Anand, Paul; Santos, Cristina; Smith, Ron (2009). "The measurement of capabilities". En Basu, Kaushik; Kanbur, Ravi. Arguments for a better world: essays in honor of Amartya Sen (en inglés). Oxford University Press. ISBN 9780199239115.
- Hartmann, Eric (2025). "Sustainability Strategies: What's in a Name?". Sustainable Development (en inglés): 1099–1719. ISSN 1099-1719. doi:10.1002/sd.3443.
- Rawls, John (1999). A Theory of Justice (en inglés). Harvard University Press. ISBN 978-0-674-00077-3. doi:10.2307/j.ctvkjb25m.
- Robeyns, Ingrid (2016). "The Capability Approach". The Stanford Encyclopedia of Philosophy (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2025.
- Sen, Amartya (1985). Commodities and Capabilities (en inglés). Elsevier Science Pub. Co. ISBN 9780444877307.
- Sen, Amartya (2001). Development as Freedom (en inglés). Oxford University Press. ISBN 9780192893307.
- Stuart Mill, John (2015). "What Utilitarianism Is". On Liberty, Utilitarianism and Other Essays (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-967080-2.